InicioCentralBurelaInaugurada a Feira Expomar de Burela

Inaugurada a Feira Expomar de Burela

Publicada o

- Advertisement -

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares inaugurou a XX edición da Feira Expomar de Burela, nun acto no que puxo en valor iniciativas como o ‘Bono Peixe’ para facilitar a compra deste produto.

A Consellería acode a este evento, de referencia no sector marítimo-pesqueiro da cornixa Cantábrica e do norte de Portugal, cunha caseta de 200 metros cadrados no que promociona e pon en valor a excelencia dos produtos do litoral galego.

A rexionalización e a descentralización da xestión pesqueira co fin de garantir a participación das administracións das rexións altamente dependentes da pesca no proceso da toma de decisións e a protección do mercado interior europeo serán os principais eixos de actuación polos que, sinala a Xunta, “pelexará” Galicia nas institucións europeas.

Así o trasladou o conselleiro do Mar na inauguración da XX edición da Feira Expomar, que estes días se desenvolve en Burela e no que se abordarán temas como a sustentabilidade de distintas pesqueiras e a importancia do consumo de peixe para a saúde.

ÚLTIMAS

Mario Pillado: “Os que temos obrigas públicas debemos combater o discurso do odio”

-Cal foi a orixe destes premios contra a discriminación racial desde o Concello de...

Sanidade asinará un protocolo para ampliar o centro de saúde de Foz

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantivo este pasado martes unha reunión de traballo...

Acusan de “transfondo político” as concentracións diante do Hospital de Burela

A dirección do Distrito Sanitario da Mariña asegura que, coa súa petición realizada o...

Constitúen a Comisión de Comercio de ACISA Ribadeo

En Acisa Ribadeo quedou constituída a comisión de comercio, que terá como obxectivos analizar...