InicioCentralBurelaBurela acollerá o XV Encontro de Palilleiras o 17 de maio

Burela acollerá o XV Encontro de Palilleiras o 17 de maio

A xornada estará amenizada por Arume e incluirá actividades para os máis pequenos, como globoflexia e pintacaras.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela, en colaboración coa asociación cultural e artesanal de mulleres palilleiras As Encaixeiras, organiza o XV Encontro de Palilleiras, que terá lugar o sábado 17 de maio na vila mariñeira.

Trátase dunha xornada dedicada a poñer en valor o traballo artesanal das palilleiras, con demostracións en vivo, actividades culturais, degustacións gastronómicas e sorteos, nun ambiente festivo para todos os públicos.

O programa comezará ás 10:30 h coa recepción das participantes, seguida dunha ampla demostración de traballos artesanais durante toda a mañá. A inauguración oficial está prevista para as 11:30 h, e media hora máis tarde terá lugar unha degustación de empanada de pescada, acompañada dunha visita ao Monte Castelo e á Igrexa da Vila do Medio.

Tras unha pausa para a comida, de 14:00 a 16:00 h, retomarase a actividade cunha nova sesión de demostracións ás 16:00 h. O día culminará co sorteo de agasallos ás 17:30 h e a despedida ás 19:00 h.

Ademais, ao longo do día haberá un programa complementario que inclúe a visita ao Barco Museo Boniteiro “Raiña do Carme” e ao Museo Histórico de Burela, así como a posibilidade de admirar os murais da confraría de pescadores. Tamén se realizará un obradoiro-cápsula a cargo de Marisa Hermida, dirixido a un grupo reducido, polo que será necesaria inscrición previa.

A xornada estará amenizada por Arume e incluirá actividades para os máis pequenos, como globoflexia e pintacaras.

A alcaldesa de Burela, Carmela López, destacou que “este encontro é unha homenaxe ao traballo silencioso e minucioso das palilleiras, que manteñen viva unha arte que forma parte do noso patrimonio cultural”. Engadiu tamén que “é unha cita consolidada no calendario local, que pon en valor o papel das mulleres na transmisión da tradición e dinamiza o noso municipio desde o punto de vista cultural e económico”.

ÚLTIMAS

Mario Pillado: “Os que temos obrigas públicas debemos combater o discurso do odio”

-Cal foi a orixe destes premios contra a discriminación racial desde o Concello de...

Sanidade asinará un protocolo para ampliar o centro de saúde de Foz

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantivo este pasado martes unha reunión de traballo...

Acusan de “transfondo político” as concentracións diante do Hospital de Burela

A dirección do Distrito Sanitario da Mariña asegura que, coa súa petición realizada o...

Constitúen a Comisión de Comercio de ACISA Ribadeo

En Acisa Ribadeo quedou constituída a comisión de comercio, que terá como obxectivos analizar...