InicioCentralBurelaBurela crea un obradoiro musical con Grande Amore

Burela crea un obradoiro musical con Grande Amore

“Estamos moi compracidos de ver o nivel de implicación de Nuno Pico, de Grande Amore, porque a actividade se desenvolva da mellor maneira posible e de coidar o resultado que se poida obter da mesma”, sinala Mario Pillado, tenente da alcaldesa

Publicada o

- Advertisement -

A Casa da Xuventude de Burela acolleu hoxe a primeira xornada do Obradoiro de Produción Musical impartido por Nuno Pico, coñecido artisticamente como Grande Amore, unha actividade dirixida a mozos e mozas de entre 15 e 30 anos. O obradoiro, que se desenvolve de forma gratuíta, continuará mañá mércores no mesmo horario, de 10:00 a 13:00 horas.

Desde a área de Mocidade do Concello destacan a excelente acollida da iniciativa e agradecen a participación da rapazada, así como o compromiso total de Nuno Pico coa actividade.

“Estamos moi compracidos de ver o nivel de implicación de Nuno Pico, de Grande Amore, porque a actividade se desenvolva da mellor maneira posible e de coidar o resultado que se poida obter da mesma”, sinala Mario Pillado, tenente da alcaldesa.

O obradoiro está centrado na creación dun tema musical baseado nos textos creados polos propios participantes durante os Obradoiros de Escrita Creativa con Antía Yáñez, “convertendo así esta proposta nun proxecto colaborativo e creativo que pon en valor a visión da mocidade sobre Burela”, conclúe Pillado.

ÚLTIMAS

José Ramón Rodríguez Castiñeira: “No verán xa non houbo médicos suficientes en Foz e isto vén desde hai tempo”

-Que ocorreu o sete de xaneiro para que, con posterioridade, se levase adiante unha...

Charlas sobre diabetes en Ribadeo para o 27 de xaneiro dentro do programa Preto de Ti

O Concello retoma as charlas de saúde do programa Preto de Ti, reafirmando así...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou a Praza de Abastos de Viveiro

José González Vázquez, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, realizou hoxe unha visita institucional...

Ribadeo acolleu este sábado o Campionato Galego de Cross Xogade 2025-2026

Ribadeo foi este sábado sede dunha nova cita do calendario deportivo galego coa celebración...