InicioMovementos SociaisO persoal facultativo do Hospital de Burela denuncia estar baixo mínimos

O persoal facultativo do Hospital de Burela denuncia estar baixo mínimos

Publicada o

- Advertisement -

O persoal facultativo do Hospital Público da Mariña denuncia estar baixo mínimos e denuncia unha serie de situacións que están a vivir os pacientes do centro:

– Moitas das nosas consultas atópanse reducidas e incluso pechadas polo que o número de doentes en lista de agarda non fai máis que medrar xerando un abandono absoluto no seguimento dos mesmos.

– Ademais moitos dos seguimentos que se poderían facer de maneira ambulante acaban ingresando pola falta de citas regradas nas consultas externas.

– Tras continuas reclamacións á Dirección deste Hospital, a resposta foi a orde verbal de derivación directa de todos os pacientes da área médica subsidiarios de ingreso ó HULA. Moitos pacientes néganse taxativamente ao seu traslado por motivos familiares, por imposibilidade de coidados tan lonxe do seu domicilio ou simplemente, por esixir quedar ingresados no seu hospital de referencia no que teñen dereito. Nas últimas gardas asistimos a moitas de estas escenas desagradables das cales non queremos seguir sendo partícipes.

– Desgraciadamente isto repercute directamente na saúde dos nosos pacientes.

– As derivacións a Centros Públicos e privados para a realización de probas complementarias que perfectamente poderían ser realizadas no noso centro se estivese dotado dos recursos humanos necesarios, Cremos firmemente que non é o paciente o que ten que trasladarse a outro Hospital que non sexa o seu, senón que é a Administración Pública quen ten que garantir que se cumpran os dereitos dos doentes.

– Pedimos optimizar os nosos cadros do persoal na área sanitaria correspondente, ben contratando novos profesionais ou ben dispoñendo dos recursos atendendo a xustiza distributiva. Unha área non pode estar sobredimensionada cando os seus distritos teñen carencias de semellante magnitude. Polo tanto cremos necesarios a destinación dos recursos existentes noutras áreas sanitarias mediante reparto equitativo en función dos habitantes de dita área, sen tratos de favor nin soldos diferentes entre os profesionais.

– Non se poden satisfacer todas as necesidades da poboación con medio cadro de persoal ou a veces nin iso.

– En pleno século XXI non poden existir diferencias tan importantes entre uns DOENTES e outros simplemente polo lugar onde residan.

ÚLTIMAS

A exconcelleira de Igualdade de Viveiro dimite e renuncia á súa acta como edila

A exconcejal de Igualdade en Viveiro, Lara Fernández-Noriega, decidiu presentar a súa dimisión e...

Cervo Concilia para esta Semana Santa

O Concello de Cervo puxo en marcha unha nova edición de Cervo Concilia nesta...

Burela acollerá o XV Encontro de Palilleiras o 17 de maio

O Concello de Burela, en colaboración coa asociación cultural e artesanal de mulleres palilleiras...

Récord de participación na Carreira das Praias en Barreiros

O circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros segue a medrar e a consolidarse como un...