InicioCentralBurelaNovo mural en Burela realizado por alumnado do IES Monte Castelo

Novo mural en Burela realizado por alumnado do IES Monte Castelo

"Agradecemos moito a implicación tanto do alumnado coma do departamento de artes do centro", sinala o tenente de alcaldesa e concelleiro de Mocidade de Burela, Mario Pillado

Publicada o

- Advertisement -

O alumnado do Bacherelato de artes deseñou e realizou un novo mural ao longo dos últimos días na rúa Nosa Señora do Carme de Burela.

Este mural foi froito da colaboración entre a Área de educación do Concello de Burela e os centros educativos do municipio.

“Agradecemos moito a implicación tanto do alumnado coma do departamento de artes do centro”, sinala o tenente de alcaldesa e concelleiro de Mocidade de Burela, Mario Pillado.

“Para nos é unha obriga traballar da man da comunidade educativa, pero tamén un orgullo e un privilexio, porque nos permite obter resultados tan bos coma o deste mural, centrado na temática da saúde”, engade.

Está previsto que dende o IES Perdouro complementen esta obra de artes engadindo pequenas pezas metálicas que os seus propios alumnos e alumnas van deseñar e fabricar.

ÚLTIMAS

Alcoa poderá deixar de ser “empresa en crise” a final de ano

Alcoa manifestou que a finais deste ano, no último trimestre de 2025, "poderá deixar de...

ACISA e Concello de Ribadeo asinan un convenio de colaboración cunha axuda de 20.000 euros

Acisa e Concello de Ribadeo asinaron o convenio de colaboración anual que regula a...

V Edición do Enduro Monte Castelo en Burela

O Concello de Burela un ano máis a carreira Enduro Monte Castelo. A V...

Foz amplía o horario da Biblioteca Municipal ‘Salgado Toimil’

O Concello de Foz continúa mellorando os servizos culturais, neste caso da súa biblioteca...