InicioCentralBurelaConcerto de Ulex no centro social Xebra o 8-M

Concerto de Ulex no centro social Xebra o 8-M

O grupo presentou este mes de febreiro presentaron o seu primeiro disco, 'Lonxe de ti'

Publicada o

- Advertisement -

No centro social Xebra, en Burela, ofrecen a escusa perfecta para despedir o frío cun concerto de ULEX, grupo galego de ‘rock atolondrado’ formado por catro mozos composteláns. O recital, no que presentan o seu primeiro album de estudo (‘Lonxe de ti’), será o próximo sábado 8 de marzo ás 22:30 horas, con entrada a 6 euros para persoas socias e 8 para as non socias. 

Ulex, nome científico do toxo, fórmase en Compostela en setembro de 2022 e xorde do amor pola música e as ganas de tocar de catro adolescentes Xian Castro (voz principal e guitarra rítimca), Mónica Fuentes (baixo), Tomás Sánchez (guitarra solista e coros) e Martinho Quintela (batería e voz principal). Con influencias de bandas galegas como Ataque Escampe, Familia Caamagno, Grande Amore, The Rapants ou O Sonoro Maxín esta banda fai rock atolondrado – como din eles – con aires cumbieiros. A banda sonora perfecta para a vida da mocidade galega. 

Este mes de febreiro presentaron o seu primeiro disco, ‘Lonxe de ti’. Ulex fálannos coas súas cancións da súa forma de ver a vida, do amor, do desamor, da amizade e to tempo que lles toca vivir. 

ÚLTIMAS

Veciño de viveiro acepta un ano de cárcere por distribuír pornografía infantil

Un veciño de Viveiro aceptou un ano de cárcere por tenencia e distribución de...

Alcoa poderá deixar de ser “empresa en crise” a final de ano

Alcoa manifestou que a finais deste ano, no último trimestre de 2025, "poderá deixar de...

ACISA e Concello de Ribadeo asinan un convenio de colaboración cunha axuda de 20.000 euros

Acisa e Concello de Ribadeo asinaron o convenio de colaboración anual que regula a...

V Edición do Enduro Monte Castelo en Burela

O Concello de Burela un ano máis a carreira Enduro Monte Castelo. A V...