InicioCentralBurelaHomenaxe en Burela a Carme Iravedra no centenario das escolas vellas

Homenaxe en Burela a Carme Iravedra no centenario das escolas vellas

O tenente da alcaldesa, Mario Pillado, asegurou que "dende as áreas de Inmigración e Educación é un orgullo clausurar o centenario desta maneira, cunha homenaxe, por un lado, a tódalas persoas migrantes que contribuíron e contribúen ó desenvolvemento tanto nas sociedades de orixe como de acollida"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela organiza este venres 28 de febreiro, ás 19:00 horas, no Salón de Plenos, a presentación do artigo “De Carmiña a Dona Carme”. Unha peza elaborada pola cronista oficial de Burela, Herminia Pernas Oroza, para a revista galega do ensino, Eduga.

O texto recolle a traxectoria de Dona Carme Iravedra Otero, figura clave no desenvolvemento educativo e social da vila no século XX.

No acto estarán presentes a alcaldesa de Burela, Carmela López; o concelleiro de Educación e tenente de alcaldesa, Mario Pillado; a autora do artigo, Herminia Pernas Oroza; a filla da homenaxeada, Águeda Barcia Iravedra, Juan A. Granados Loureda, inspector de educación e director da revista Eduga e Rira Gradaille Pernas, Doutora en Ciencias da Educación pola USC.

Este evento pecha así os actos conmemorativos do Centenario das Escolas Vellas, que se viñeron celebrando nos últimos meses en Burela. Como parte da clausura, descubrirase un panel conmemorativo, en homenaxe ás persoas que fixeron posible a súa creación.

A alcaldesa Carmela López destacou que “este centenario foi unha oportunidade para recoñecer e celebrar a nosa rica herdanza educativa”. “Queremos darlles as grazas a todas as entidades e persoas que participaron nos actos conmemorativos, enriquecendo a nosa comunidade coa súa dedicación e esforzo”, engadiu.

Pola súa banda, o tenente da alcaldesa, Mario Pillado, asegurou que “dende as áreas de Inmigración e Educación é un orgullo clausurar o centenario desta maneira, cunha homenaxe, por un lado, a tódalas persoas migrantes que contribuíron e contribúen ó desenvolvemento tanto nas sociedades de orixe como de acollida, caso da creación das Escolas Vellas, como por outro lado a unha persoa que foi fundamental no ámbito do ensino na vila de Burela durante o século XX”.

Ademais, Pillado agradeceu a Herminia Pernas “polo seu continuo traballo e en concreto, a redacción deste artigo, así coma ó director da revista Eduga por darlle cabida e como non a Águeda Barcia por continuar o legado da súa nai, Dona Carme”, concluíu.

ÚLTIMAS

‘A Mariña, Unha Viaxe Á Identidade’, proposta da Mancomunidade para Fitur 2026

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará este xoves, 22 de xaneiro, en...

Un veciño de Viveiro acepta seis anos e seis meses por agresión sexual á filla da súa afillada

Un veciño de Viveiro de mediana idade aceptou este luns unha pena de seis...

Ribadeo inicia as obras de mellora na Rúa Reinante cun orzamento 90.000 euros

Comezan as obras de mellora da rúa Reinante, que suporán un investimento de 89.000...

A concelleira de Cultura de Foz pide ao PP que non manche o “bo nome do Entroido local”

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, pídelle a Javier Castiñeira e ao PP...