InicioCentralBurelaBurela ofrece cursos gratuítos para a mellora de competencias dixitais da cidadanía

Burela ofrece cursos gratuítos para a mellora de competencias dixitais da cidadanía

Estes cursos, que contan con certificación, están deseñados para axudar ás persoas a familiarizarse co uso de internet e as novas tecnoloxías de forma segura e eficiente.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela abre o prazo de inscrición para dous cursos presenciais gratuítos destinados a mellorar as competencias dixitais da cidadanía.

Estes cursos, que contan con certificación, están deseñados para axudar ás persoas a familiarizarse co uso de internet e as novas tecnoloxías de forma segura e eficiente.

A formación terá lugar na Aula CeMIT do Centro de Formación Ocupacional e estará dividida en dúas modalidades segundo a franxa de idade dos participantes.

O primeiro curso, denominado “Trámites Electrónicos”, está dirixido a persoas de entre 18 e 60 anos e desenvolverase do 17 ao 21 de marzo en horario de 16:00 a 18:00 horas. Os asistentes poderán adquirir coñecementos sobre administración electrónica, banca dixital, videoconferencias e redes sociais, así como explorar os ámbitos de educación, ocio e entretemento en liña. Ademais, abordarase a seguridade en internet, facendo especial fincapé na privacidade, protección de datos e seguridade dixital.

O curso tamén inclúe módulos específicos sobre impulso profesional, como a creación dun currículo dixital, a procura de emprego en liña e a realización de trámites laborais.

A segunda formación, “Trámites en Internet”, está destinada a persoas maiores de 60 anos e terá lugar nas mesmas datas, do 17 ao 21 de marzo, pero en horario de 18:00 a 20:00 horas. Neste caso, os contidos centraránse na iniciación a internet, administración electrónica e banca dixital, identidade dixital, videoconferencias e redes sociais, así como en aplicacións relacionadas coa saúde e o ocio. Tamén se abordarán aspectos fundamentais sobre seguridade en internet, protección de datos e privacidade, e incluirase unha sección sobre benestar dixital e acompañamento no uso da rede.

O prazo de inscrición ábrese o 21 de febreiro e as persoas interesadas poderán anotarse na Casa do Concello de Burela en horario de 9:00 a 14:00 horas ou chamando ao teléfono 982 58 60 00.

ÚLTIMAS

Recorren o arquivo do caso da Maruxaina

A asociación Mulleres en Igualdade, Bumei, recorreu a decisión do Tribunal de Instancia de...

A Asociación de Comerciantes da Pontenova intégrase na FCAM

A Asociación de Comerciantes da Pontenova acaba de integrarse na FCAM. Desde a Federación...

‘A Mariña, Unha Viaxe Á Identidade’, proposta da Mancomunidade para Fitur 2026

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará este xoves, 22 de xaneiro, en...

A Plataforma Sanitaria da Mariña presenta a manifestación para o 1 de febreiro en Santiago

O centro de saúde de Barreiros foi o escenario elexido pola Plataforma Sanitaria da...