InicioCentralBurelaBurela celebra a Rosalía de Castro este venres na Casa da Cultura

Burela celebra a Rosalía de Castro este venres na Casa da Cultura

O acto terá lugar a partir das 11:00 no auditorio da Casa da Cultura de Burela, coa participación dos centros educativos públicos do municipio.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela celebrará, este venres 21 de febreiro, a vida e a obra de Rosalía de Castro, con motivo da conmemoración do seu aniversario o 23 de febreiro.

O acto terá lugar a partir das 11:00 no auditorio da Casa da Cultura de Burela, coa participación dos centros educativos públicos do municipio.

Para comezar, a cativada da Escola Municipal de Música de Burela e dos colexios CEIPP Vista Alegre e o CEIPP Virxe do Carme interpretará cancións que musican textos da célebre escritora galega co fío condutor da súa vida.

Logo será a quenda dos centros de secundaria, na que os rapaces e rapazas dos IES Perdouro e do IES Monte Castelo lerán diversos textos de Rosalía, así como un manifesto a prol da lingua galega.

Pola tarde celebrarase unha maratón de lectura de textos en galego a partir das 16:00 no salón de plenos do Concello de Burela. Nel darase espazo ós diferentes colectivos e asociacións da vila, así como ó público xeral.

ÚLTIMAS

Sargadelos nega responsabilidade nos casos de silicosis e eleva o pulso coa Inspección de Traballo

Sargadelos afirma que "non é certo, nin está comprobado, que os dous casos detectados...

Viveiro convocará un pleno extraordinario para aprobar os Orzamentos 2026

O Concello de Viveiro convocará antes do 31 de decembro un pleno extraordinario para...

A promoción de mercados e o turismo sostible marcan o ano máis dinámico na Mariña

Remata un ano frutífero para o turismo da Mariña. Ao abeiro do Plan de...

‘Vila Nadal’ en Mondoñedo para todos os públicos

O Concello de Mondoñedo presentou hoxe Vila Nadal Mondoñedo, un espazo de lecer pensado para todos os...