Portos de Galicia outorgou unha autorización administrativa á Confraría de Pescadores de Burela, en Lugo, para a ocupación e xestión da nave de redes de arrastre.
Segundo informou a Xunta nun comunicado, a autorización contempla un período de vixencia de catro anos, que poderá ampliarse en caso de solicitar a confraría unha concesión, título administrativo que permite maior estabilidade xurídica.
O título administrativo contemplará a aplicación da lei de taxas de Portos de Galicia que recolle a exención do 95% das taxas por ocupación de edificios de naves de redes. Por iso, a confraría abonará 70 euros anuais polo uso dos máis de 350 metros de superficie do edificio.