InicioCentralBurelaMar investirá en Burela 1,8 millóns de euros en obras de adaptación...

Mar investirá en Burela 1,8 millóns de euros en obras de adaptación ao cambio climático

O Goberno galego detallou que os traballos terán un prazo de execución estimado de 22 meses, polo que se prevé que a actuación quedaría finalizada a finais de 2026.

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investirá 1,8 millóns de euros nas obras de reforzo e adaptación ao cambio climático do dique de abrigo do porto de Burela.

O departamento autonómico informou este luns no Consello da Xunta da próxima adxudicación dos traballos nos próximos días. As obras consisten na instalación de 160 bloques de formigón de tres metros de lado e 56 toneladas de peso nas zonas nas que se produciron desprendementos ou nas que o dique perdeu estrutura por acción do mar e as adversidades climatolóxicas.

O Goberno galego detallou que os traballos terán un prazo de execución estimado de 22 meses, polo que se prevé que a actuación quedaría finalizada a finais de 2026.

A actuación mellorará as condicións de traballo dos profesionais que operan nun porto con case un centenar de embarcacións censadas, que se sitúa entre os primeiros diques de titularidade autonómica en descarga de peixe fresco e cuxo valor de venda é o maior da Comunidade.

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

ACISA Ribadeo galardoada co premio Nacional de Comercio Interior polo Ministerio de Economía

Acisa Ribadeo foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de Centros...

A Área de Servizos Sociais de Barreiros leva adiante un curso de formación para a inserción laboral

A área de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, dirixida pola tenente de alcaldesa...

Campus Mareo Itinerante do Sporting de Gijón en Ribadeo para o 22 de xuño

Ribadeo acollerá do 22 ao 27 de xuño o Campus Mareo Itinerante do Sporting...