InicioCentralBurelaO centro social Xebra de Burela presenta o filme 'Bidon: Nação Ilhéu'

O centro social Xebra de Burela presenta o filme ‘Bidon: Nação Ilhéu’

A cineasta, doutora en Antropoloxía Social e vicepresidenta da facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Cabo Verde, presentará o filme

Publicada o

- Advertisement -

Este sábado 8 de febreiro, a partir das 19:30 horas, o centro social Xebra –en Burela– contará coa presenza de Celeste Fortes, unha das directoras de ‘Bidon: Nação Ilhéu’. A cineasta, doutora en Antropoloxía Social e vicepresidenta da facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Cabo Verde, presentará o filme. Este explora a importancia dos Bidons, enviados polas persoas emigrantes ás súas familias, na sociedade e economía caboverdianas.

A través de tres historias femininas, Fortes mostra a experiencia de nais que teñen que marchar aos Estados Unidos e fillas que crecen no arquipélago, lonxe do afecto materno. Os bidons que chegan, a diferentes ritmos e de diversas capacidades, son un símbolo dunha separación e un retrato dos barrios periféricos e do soño cabo-verdiano da “terra de lonxe”

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...