InicioCentralBurelaArde un barco no porto de Burela quedando calcinado parte de buque

Arde un barco no porto de Burela quedando calcinado parte de buque

Os bombeiros recomendaron non acceder á parte inferior do barco debido á acumulación de monóxido de carbono

Publicada o

- Advertisement -

Un incendio rexistrado este venres no porto de Burela calcinou “gran parte” dun barco pesqueiro atracado no peirao norte da localidade lucense sen ocasionar danos a outras embarcacións.

Segundo informou o 112 Galicia, as zonas máis afectadas foron a cociña, a ponte, o parque de pesca e os camarotes, que “arderon por completo”.

Así mesmo, os bombeiros recomendaron non acceder á parte inferior do barco debido á acumulación de monóxido de carbono. Foi un veciño o que se decatou de que estaba a arder unha embarcación dun armador de Burela, polo que ao redor das 20.00 horas alertou ao 112 a través dunha chamada telefónica e confirmou que non había persoas no interior do barco.

Ata o lugar dos feitos desprazáronse os bombeiros de Barreiros que, á súa vez, alertaron aos bombeiros de Viveiro. Ademais, informouse a Salvamento Marítimo, á Garda Civil e a Protección Civil de Barreiros.

ÚLTIMAS

José Ramón Rodríguez Castiñeira: “No verán xa non houbo médicos suficientes en Foz e isto vén desde hai tempo”

-Que ocorreu o sete de xaneiro para que, con posterioridade, se levase adiante unha...

Charlas sobre diabetes en Ribadeo para o 27 de xaneiro dentro do programa Preto de Ti

O Concello retoma as charlas de saúde do programa Preto de Ti, reafirmando así...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou a Praza de Abastos de Viveiro

José González Vázquez, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, realizou hoxe unha visita institucional...

Ribadeo acolleu este sábado o Campionato Galego de Cross Xogade 2025-2026

Ribadeo foi este sábado sede dunha nova cita do calendario deportivo galego coa celebración...