InicioCentralBurelaO PP de Burela proporá regularizar o teletraballo para o persoal municipal

O PP de Burela proporá regularizar o teletraballo para o persoal municipal

O portavoz, Manuel Rouco, explica que “é algo xusto” toda vez que “observamos dende fai tempo que este tipo de actividade non está regularizada dentro da normativa municipal”

Publicada o

- Advertisement -

O Grupo Municipal Popular de Burela proporá no vindeiro Pleno a regularización do teletraballo no Concello para o persoal municipal.

O portavoz, Manuel Rouco, explica que “é algo xusto” toda vez que “observamos dende fai tempo que este tipo de actividade non está regularizada dentro da normativa municipal”.

Os populares cren que “o apropiado é que tódolos traballadores e traballadoras saiban en que condicións se pode prestar este servizo” e que “estean amparados por algún tipo de normativa”; neste caso, un regulamento.

Rouco engade que “tamén é xusto que os veciños e veciñas de Burela saiban que postos de traballo se poden prestar ou prestarán este servizo en detrimento da presenza física dos propios funcionarios ou persoal laboral”.

O popular cre que “tanto os sindicatos que representan aos traballadores do Concello como a propia veciñanza valorarán de forma positiva esta medida”.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...