InicioCentralBurelaBurela posiciónase en Fitur dentro da proposta da Mariña "como peza fundamental"

Burela posiciónase en Fitur dentro da proposta da Mariña “como peza fundamental”

“Formamos parte da proposta conxunta da Mariña, porque a colaboración e a unión son boas para promocionar a riqueza dunha comarca que ten un enorme patrimonio cultural, natural, histórico e por suposto gastrónomico”, explica Carmela López

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela remata hoxe a súa presenza en FITUR, coa satisfacción do traballo realizado e a percepción de que “a nosa vila e a Mariña están cada vez mellor posicionadas como destino turístico”.

“Formamos parte da proposta conxunta da Mariña, porque a colaboración e a unión son boas para promocionar a riqueza dunha comarca que ten un enorme patrimonio cultural, natural, histórico e por suposto gastrónomico”, explica Carmela López.

A alcaldesa destaca que “dentro dese detino conxunto, Burela representa un destino de turismo sostible, cada vez máis coñecido pola nosa autenticidade”.

“Non buscamos grandes aglomeracións, o que queremos é un turismo respectuoso coa natureza; en Burela atoparán experiencias reais, xeorutas, poden coñecer o noso barco museo, a Feira do Bonito ou Festival Osa do Mar, somos un pobo acolledor con quen nos visita”, explica López.

Pola súa banda, o concelleiro de Turismo e Mar, Ramiro Fernández Rey, destacou que “FITUR é a feira turística máis importante do mundo, polo que é unha oportunidade perfecta para poñer en valor o noso concello e a nosa comarca”.

O concelleiro quixo salientar tamén a presentación da Feira Expomar na Casa de Galicia en Madrid, “un acto moi importante para Burela, un escenario único para darlle visibilidade a esta feira Expomar que celebramos no mes de maio”.

A concelleira de Cultura, Lina Gómez, engade “a satisfacción de ver como medra ano a ano o interese por coñecer Burela”.

ÚLTIMAS

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...