InicioCentralBurelaBurela convoca á veciñanza a unha reunión informativa sobre o centro de...

Burela convoca á veciñanza a unha reunión informativa sobre o centro de refuxiados

A alcaldesa, Carmela López, sinalou que esta "é unha oportunidade para dialogar e promover unha convivencia baseada no respecto e na solidariedade, valores fundamentais da nosa comunidade"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela convoca á veciñanza a unha reunión informativa sobre o centro de acollida de refuxiados do municipio.

Terá lugar o xoves 9 de xaneiro no salón de plenos ás 18:00, e contará coas intervencións do director da ONG Rescate, Carlos Echánove, da alcaldesa Carmela López, do coordinador do centro David Vivar e dos traballadores do mesmo Brahima Diarra e Abdoulay Camara.

A rexedora sinala que o obxectivo da reunión é “aclarar calquera dúbida, ofrecer información veraz sobre o funcionamento do centro de refuxiados e contestar directamente as preguntas da cidadanía”.

“Desde o Concello queremos reiterar o noso compromiso coa transparencia e coa convivencia harmoniosa en Burela, e por iso convocamos a todos os veciños e veciñas a esta reunión informativa aberta”, apunta López.

“Ademais, queremos abordar temas clave como o apoio social que reciben as persoas refuxiadas e a importancia de facilitarlles ferramentas esenciais para a súa integración”, engade.

A alcaldesa concluíu sinalando que esta “é unha oportunidade para dialogar e promover unha convivencia baseada no respecto e na solidariedade, valores fundamentais da nosa comunidade”.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...