InicioCentralBurelaBurela prepara a Cabalgata de Reis para este domingo

Burela prepara a Cabalgata de Reis para este domingo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela recibe este domingo, 5 de xaneiro, a visita das súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, cunha gran xornada de festa dirixida á rapazada da vila e as súas familias.

Melchor, Gaspar e Baltasar sairán ás 19:00 horas da rúa do Ril e o percorrido rematará na praza da Mariña, onde terá lugar a recepción das súas maxestades.

Na carpa da Praza da Mariña, terá lugar unha deliciosa rosconada e chocolatada para goce de todos os asistentes. Ademais, realizarase o gran sorteo do Premio de Nadal, cun valor de 3.000 euros en vales de compra. O Concello conta coa colaboración da SRC Ledicia e de ACIA Burela na organización do evento.

“A deste domingo será unha tarde chea de maxia antes da noite máis especial do ano para os máis pequenos e pequenas da casa. Animamos a toda a veciñanza a achegarse á cabalgata, desfrutar e saudar aos Reis Magos na carpa da praza da Mariña”, sinala Carmela López, alcaldesa de Burela.

“En función das condicións meteorolóxicas, o Concello informará dos posibles cambios no percorrido da cabalgata. No caso de alerta amarela ou laranxa, só se realizará a recepción na carpa”, explica a rexedora.

ÚLTIMAS

Samuel Bouza: “Volveremos recorrer á Valedora se non se soluciona o ruído na zona vella”

-Por que nace esta nova Plataforma de Veciños e Veciñas de Viveiro? Foi unha idea...

Por Viveiro realiza contactos cos diferentes grupos locais para formar un goberno de concentración

Os independentes de Por Viveiro, reuníronse para dar conta dos contactos cos diferentes grupos...

Ribadeo centrará a súa axenda de actos nos Días de Rosalía o 8M

Teatro, danza, musicais e actividades para celebrar os Días de Rosalía e o 8M...

Viveiro será de novo protagonista en FITUR polo seu patrimonio natural e histórica

O Concello de Viveiro estará presente en FITUR co fin de promocionar e dar...