InicioCentralBurelaInvestimento de 600.000 euros para a mellora da nave de redes de...

Investimento de 600.000 euros para a mellora da nave de redes de Burela

Publicada o

- Advertisement -

O Goberno galego destina máis de 600.000 euros á mellora da seguridade e das condicións de traballo na nave de redes de Burela, a cal é de “uso exclusivo” da frota pesqueira artesanal.

Precisamente este mércores o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou os traballos, explicando que se enmarcan nas axudas do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura, que están dirixidos á modernización e mellora de equipamentos e de infraestruturas de portos pesqueiros.

Esta actuación permitirá, segundo o conselleiro, dar solución á problemática que se ocasionaba cada vez que se presentaba un temporal, con risco de afectar á cuberta do edificio. Doutra banda, tamén reducirá os custos de recambios e de mantemento dos aparellos.

“Estas instalacións, situadas na área portuaria, constitúen un lugar funcional e necesario para a actividade pesqueira, onde poder realizar os labores vinculados coa pesca con redes nunha zona cuberta que, xunto co apoio dunha ponte-guindastre, agora quedan protexidas das inclemencias meteorolóxicas”, subliñou a Xunta.

ÚLTIMAS

Senadores do PP por Lugo reclaman a convocatoria da mesa de Alcoa

Os senadores lucenses José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, e os...

Os sindicatos do SERGAS denuncian que a consellaría empeorou “unilateralmente” o acordo de redución de xornada

Os sindicatos que conforman a mesa sectorial do SERGAS convocaron esta mañá concentracións nas...

Mariña Patrimonio organiza unha conferencia sobre minaría antiga

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro luns 16 de decembro unha conferencia na que...

PP da Mariña critica que o ministro Planas “saque peito” das negociacións en Bruxelas

O Partido Popular de A Mariña afea ao ministro de Pesca, Luis Planas, que,...