InicioCentralBurelaSegundo "Día do Orgullo Mariñeiro" en Burela para o 5 de decembro

Segundo “Día do Orgullo Mariñeiro” en Burela para o 5 de decembro

“Despois do éxito da primeira edición, este ano mantemos a mesma estrutura da xornada, pero engadindo a participación da hostalería de Burela para que a festa chegue cada vez a máis xente”, asegura a presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López

Publicada o

- Advertisement -

A Fundación Expomar organiza a segunda edición do chamado “Día do Orgullo Mariñeiro”, que terá lugar en Burela e en toda a Mariña Lucense o vindeiro xoves 5 de decembro.

A Fundación Expomar volve poñer en valor a importancia da cultura mariñeira de Burela coa celebración do segundo “Día do Orgullo Mariñeiro”, que volverá combinar o próximo xoves 5 de decembro a divulgación nas escolas, a exaltación da cultura mariñeira e a gastronomía do mar para chegar a tódolos públicos.

“Despois do éxito da primeira edición, este ano mantemos a mesma estrutura da xornada, pero engadindo a participación da hostalería de Burela para que a festa chegue cada vez a máis xente”, asegura a presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López.

Orgullo Mariñeiro nas Escolas”

O día comezará de novo nos comedores escolares de oito colexios públicos da Mariña Lucense, onde máis de 700 nenos e nenas comerán ese día filetes de “Merluza de Burela” nos seus menús.

Orgullo Mariñeiro na Memoria”

A segunda parte da xornada celebrarase pola tarde no auditorio da Casa da Cultura de Burela, coa charla-coloquio titulada “Mirando a popa e mirando a proa”, na que distintas personas vinculadas á historia do Mar de Burela falarán das súas experiencias (mariñeiros e as súas familias, ruleros, supervivintes de naufraxio, compradoras de peixe, estivadoras…).

Este acto público completarase coas intervencións da presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, e do conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, que clausurará a xornada cultural.

Orgullo Mariñeiro Musical”

A actuación musical do grupo “Medio Quiñón” servirá de enlace entre o acto no auditorio e a festa gastronómica, pois farán un pasarrúas desde a Casa da Cultura ata a carpa na Praza da Mariña.

Orgullo Mariñeiro na Praza”

Alí, a partir das 8 da tarde, comezará a celebración gastronómica popular, con unha degustación gratuíta de receitas elaboradas con diferentes especies da lonxa de Burela.

Orgullo Mariñeiro nos Bares”

Unha das grandes novidades deste ano é a colaboración da hostalería local a través de Acia Burela, pois 15 locais ofrecerán esa noite diferentes tapas e pratos de “Merluza de Burela”.

Esta acción está organizada pola Fundación Expomar coa colaboración do Concello de Burela, e cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

ÚLTIMAS

O Parlamento aproba accións legais se se incumpre o acordo de Alcoa e unha intervención pública, de ser necesaria

A Cámara galega aprobou unha iniciativa cunha batería de cuestións relacionadas coa planta de Alcoa en...

O alcalde de Ribadeo agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de Vilela

O alcalde, Dani Vega, agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de...

O PP de Trabada e o da Deputación destacan ter o compromiso para arranxar a estrada LU-P-6101

O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, explica que “grazas ao traballo”...

O X Festival de Jazz e Blues de Ribadeo finaliza esta fin de semana

A décima edición do Festival de Jazz e Blues de Ribadeo rematará esta fin...