InicioCentralBurelaO Grupo de Participación Adolescente de Burela participou no XII Foro Infantil...

O Grupo de Participación Adolescente de Burela participou no XII Foro Infantil UNICEF

Publicada o

- Advertisement -

Unha representación do Grupo de Participación Adolescente do Concello de Burela participou no XII Foro Infantil Unicef no Parlamento de Galicia, celebrado o día de onte, 12 de novembro de 2024.


Maite, Rubén e Julia representaron ó GPA de Burela no Parlamento galego, acompañados polo concelleiro de Mocidade, Mario Pillado, a Educadora Familiar e o Técnico de Xuventude do Concello.


A voceira elixida polo grupo foi Maite, que deu un discurso centrado na inclusión e na participación infantil que foi froito da actividade de preparación levada a cabo nas últimas semanas.


A rapaza burelá interviu xunto a representantes dos grupos de vilas de toda Galicia, como foi o caso da Laracha, Viveiro, Teo, Moaña, Tui, Nigrán, O Rosal, Ponteareas, Moeche e Tomiño. Tamén participaron no acto María Montalvo Freire, presidenta de UNICEF Galicia, e representantes dos diferentes grupos parlamentarios e do Goberno galego.


É un orgullo e unha honra ver como o traballo dos rapaces e rapazas dá os seus froitos e como son capaces de facer propostas e levar a iniciativa, dando cumprimento ós obxectivos da iniciativa Cidades Amigas da Infancia de Unicef”, sinala Mario Pillado.

ÚLTIMAS

O Parlamento aproba accións legais se se incumpre o acordo de Alcoa e unha intervención pública, de ser necesaria

A Cámara galega aprobou unha iniciativa cunha batería de cuestións relacionadas coa planta de Alcoa en...

O alcalde de Ribadeo agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de Vilela

O alcalde, Dani Vega, agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de...

Viveiro comeza a reparación dos contedores soterrados no concello

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro e a Concellería de Medioambiente dan comezo á...

O PP de Trabada e o da Deputación destacan ter o compromiso para arranxar a estrada LU-P-6101

O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, explica que “grazas ao traballo”...