O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, asinou coa alcaldesa de Burela e tamén deputada provincial, Carmela López Moreno, un convenio por importe conxunto de 123.000 euros para colaborar no acondicionamento das antigas vivendas de profesores e habilitalas como locais sociais.
Mediante este acordo, a institución provincial achegará 115.000 euros para esta actuación e o Concello, os 8.000 euros restantes.
Este investimento da institución provincial servirá para transformar cada unha das catro vivendas existentes na rúa das Escolas de Burela en cinco locais para asociacións e un aseo; polo que a actuación permitirá dotar dun novo local de reunión a 20 colectivos do municipio lucense.
Tomé Roca enmarcou esta colaboración na liña estratéxica do goberno provincial de cooperar cos 67 concellos da provincia