O Concello de Burela acolle este venres 15 de novembro, na Casa da Cultura, a representación da adaptación teatral da obra de Sechu Sende ‘Made in Galiza’ realizada por Sarabela Teatro.
Terá lugar ás 21:00, e está dirixida a un público adulto. A entrada, que se poderá adquirir no propio lugar do evento antes do seu comezo, terá un custo de 4€.
O espectáculo estará dirixido por Fina Calleja, e contará coa participación das actrices Elena Seijo e Sabela Gago e mais dos actores Fernando Dacosta e Josito Porto.
O Concello colabora co evento conxuntamente coa Xunta de Galicia e a Axencia Galega das Industrias Culturais, estando este enmarcado nos espectáculos da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
‘Made in Galiza’ é unha das obras máis destacadas do padronés Sechu Sende. Nela, o autor trata diversos aspectos sociolingüísticos da lingua galega, defendendo o seu uso dun xeito divertido á vez que reflexivo e poético.