InicioCentralBurelaAprobado o calendario de investimentos da nova EDAR de Burela

Aprobado o calendario de investimentos da nova EDAR de Burela

O goberno local lamenta os retrasos no proxecto por parte de Augas de Galicia, o que provocou a perda de 1,7 millóns de euros de fondos europeos

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela aprobou no pleno o calendario de investimentos ata o ano 2029 para a construción da nova EDAR, unha infraestrutura fundamental para a vila.

“É un paso adiante moi importante, aínda que lamentamos que os retrasos por parte de Augas de Galicia provocasen a perda de fondos europeos e que o concello teña que aportar o 5% do investimento da EDAR”, explica a alcaldesa, Carmela López.

Ramiro Fernández, concelleiro de Obras, concreta que “a cantidade perdida de fondos europeos por non comezar a obra antes, como si pasou en Foz ou Viveiro, é de 1,7 millóns de euros”.

“Estes retrasos por parte de Xunta levan a que o concello teña que aportar 435.874 euros, o 5% do proxecto”, explica Fernández.

O custo total da actuación alcanza os 8.717.492 euros. “Burela necesita unha EDAR moderna para dar resposta ás necesidades dos nosos veciños e veciñas”, remata Carmela López.

O 60% do custo da EDAR procederá de fondos europeos, o 5% do concello e o 35% de Augas de Galicia, facendo uso a Xunta do imposto do canon da auga que pagan os veciños e veciñas de Burela para financiar melloras desta envergadura.

ÚLTIMAS

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...

Burela reforza recursos ante emerxencias cardíacas con novos desfibriladores

O Concello de Burela continúa reforzando os seus medios de resposta ante emerxencias cardíacas...