InicioCentralBurelaExpomar está presente na 'Feira Expomar de Cabo Verde'

Expomar está presente na ‘Feira Expomar de Cabo Verde’

Publicada o

- Advertisement -

A Fundación Expomar colabora coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia na “Feira Expomar de Cabo Verde” promocionando o sector pesqueiro galego.

A “Feira Expomar de Cabo Verde” está tendo lugar en Porto de Mindelo, nas instalacións de Enapor, na illa de São Vicente en Cabo Verde, do 7 ao 9 de novembro. A undécima edición da ‘Feira das Actividades Económicas Ligadas ao Mar’ ten por lema “nôs mar, nôs riqueza” (o noso mar, a nosa riqueza) e conta con 50 stands de expositores internacionais onde se están a celebrar diferentes encontros de negocios.

A Fundación Expomar está presente dentro da misión comercial da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, encabezada polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, xunto a outras entidades galegas relacionadas coa área marítimo-pesqueira, co obxectivo de afianzar os vínculos pesqueiros e lazos comerciais entre Galicia y Cabo Verde. O propio Villares participou este xoves na inauguración do evento, ao que a delegación da Xunta asiste tamén para promocionar o sector pesqueiro galego.

O xerente da Fundación Expomar, José M. González ‘Brais’, aproveita esta estancia para reforzar aínda máis os contactos que a entidade de Burela ten coa delegación de Cabo Verde desde hai anos, convidando a distintas institucións caboverdianas a estar presentes na próxima edición de Expomar, que terá lugar no porto de Burela en maio de 2025. Trasmiteu ás institucións locais un saúda de parte da presidenta e de todo o padroado da Fundación Expomar, esperando contar un ano máis coa presenza da delegación caboverdiana nesa vindeira edición da feira en Burela.

Asimesmo, agradeceuse á Consellería do Mar non só o feito de contar con Expomar dentro desta delegación comercial, senón tamén toda a colaboración que está tendo para a promoción de Expomar 2025.

ÚLTIMAS

Senadores do PP por Lugo reclaman a convocatoria da mesa de Alcoa

Os senadores lucenses José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, e os...

Os sindicatos do SERGAS denuncian que a consellaría empeorou “unilateralmente” o acordo de redución de xornada

Os sindicatos que conforman a mesa sectorial do SERGAS convocaron esta mañá concentracións nas...

Mariña Patrimonio organiza unha conferencia sobre minaría antiga

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro luns 16 de decembro unha conferencia na que...

PP da Mariña critica que o ministro Planas “saque peito” das negociacións en Bruxelas

O Partido Popular de A Mariña afea ao ministro de Pesca, Luis Planas, que,...