InicioCentralBurelaBurela acollerá un concerto de Huecco o día 14 de novembro

Burela acollerá un concerto de Huecco o día 14 de novembro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela acollerá, no Auditorio Municipal, un concerto do cantante extremeño Huecco como parte da iniciativa Escenario Dial da radio Cadena Dial.

A cita será o 14 de novembro ás 20:30 horas. As entradas serán gratuítas, pero, por cuestións de aforo, será necesario descargalas previamente na web seetickets.com

Huecco repasará no concerto tanto as súas novas cancións como os éxitos da súa traxectoria. O evento conta co patrocinio da Deputación de Lugo e a colaboración do Concello de Burela e o Hotel Nordés.

Con Escenario Dial, Cadena Dial colabora cos artistas que máis soan na emisora, cun formato íntimo e minimalista que percorre toda España co obxectivo de amosar a esencia detrás de cada canción. Deste xeito, xa pasaron por Galicia, en formato acústico, artistas como Ana Guerra, Taburete, Ismael Serrano ou Rozalén.

“Estamos moi ilusionados de poder acoller a Huecco, un artista recoñecido a nivel nacional, no auditorio da Casa da Cultura da nosa vila”, sinala a concelleira de Cultura, Lina Gómez.

“Grazas ao apoio da Deputación de Lugo e a Cadena Dial podemos ofrecer un espectáculo de primeiro nivel, enriquecendo así a nosa programación cultural e fortalecendo o noso compromiso coa difusión da música e a cultura para toda a veciñanza“, engade.

Huecco é o nome artístico de Iván Sevillano, que foi tamén compoñente e vocalista da banda de rap metal Sugarless. Despois de percorrer miles de quilómetros por toda a xeografía española con esta agrupación e de pasar polos festivais máis destacados da península decidiu lanzar a súa carreira en solitario en 2004.

Un dos puntos clave da súa traxectoria foi a publicación, en 2006, do éxito “Pa’ mi guerrera”. Agora se atopa presentando o seu novo tema “Rendido”, realizado en colaboración con Funambulista.

As entradas poden ser descargadas, de balde, na seguinte ligazón: https://www.seetickets.com/es/event/escenario-dial-con-huecco-en-burela/auditorio-municipal/3219084

ÚLTIMAS

O Parlamento aproba accións legais se se incumpre o acordo de Alcoa e unha intervención pública, de ser necesaria

A Cámara galega aprobou unha iniciativa cunha batería de cuestións relacionadas coa planta de Alcoa en...

O alcalde de Ribadeo agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de Vilela

O alcalde, Dani Vega, agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de...

O PP de Trabada e o da Deputación destacan ter o compromiso para arranxar a estrada LU-P-6101

O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, explica que “grazas ao traballo”...

O X Festival de Jazz e Blues de Ribadeo finaliza esta fin de semana

A décima edición do Festival de Jazz e Blues de Ribadeo rematará esta fin...