InicioCentralBurelaBurela colocará o colector marrón para reciclaxe de residuos orgánicos

Burela colocará o colector marrón para reciclaxe de residuos orgánicos

"O noso obxectivo é seguir apostando pola reciclaxe, o medio ambiente e a sustentabilidade tanto ecolóxica como económica", sinala o concelleiro de Benestar Comunitario, Ramiro Fernández Rey

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela comezará a partir deste luns, día 28 de outubro, a campaña “Reciclar ben non é un marrón”, coa que porá a disposición da veciñanza o novo sistema de contedores marróns para a reciclaxe de residuos orgánicos.

O propio luns mandarase polas diferentes canles de comunicación do Concello un formulario no que veciños e veciñas poderán inscribirse para facer uso do novo sistema. Urbaser será a empresa encargada de xestionalo.

Os contedores marróns levan xa un ano en funcionamento para a hostalería da localidade, e a partir de agora poderán ser empregados tamén polo resto da veciñanza.

Nos días seguintes citarase ás persoas que se apunten no formulario para facerlles entrega das chaves necesarias para empregar o contedor. Tamén se informará da súa ubicación e normas de uso.

“O noso obxectivo é seguir apostando pola reciclaxe, o medio ambiente e a sustentabilidade tanto ecolóxica como económica”, sinala o concelleiro de Benestar Comunitario, Ramiro Fernández Rey.

O edil destaca que se trata “dun sistema moi importante, xa que os residuos organicos supoñen arredor dun 30% do total de lixo que se xera cada día”.

“Levamos xa arredor dun ano con este sistema en funcionamento para a hostelería e estamos moi contentos co resultado, polo que agora damos un paso máis para abrilo á veciñanza”, explica Fernández Rey.

“Pedimos á xente que queira colaborar que cumpra coas indicacións de uso que se darán dende a aula Gaia, para que non se depositen materiais impropios no contedor”, subliña o concelleiro.

“Animamos a toda a veciñanza a participar desta iniciativa, que nun futuro será previsiblemente obrigatoria para todo o mundo”, concluíu.

ÚLTIMAS

Expomar está presente na ‘Feira Expomar de Cabo Verde’

A Fundación Expomar colabora coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia na “Feira...

‘No Nadal, ti iluminas Ribadeo’ campaña do Concello e Acisa

Concello de Ribadeo e Acisa presentan a campaña No Nadal, ti iluminas Ribadeo co...

Judas Priest estreará no Resurrection Fest o seu novo traballo ‘Invincible Shield’

A banda británica Judas Priest actuará no Resurrection Fest de 2025, en Viveiro, onde...

Nova sinalización no polígono de Landrove, en Viveiro, para mellorar a seguridade viaria

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Viveiro, responsable da área de Obras, pon...