InicioCentralBurelaBurela: palestra do surfista e oceanógrafo Tony Butt este sábado

Burela: palestra do surfista e oceanógrafo Tony Butt este sábado

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela acollerá, no salón de conferencias, a charla ‘Entender o océano’ do surfista e oceanógrafo Tony Butt.


Esta xornada, enmarcada no programa de sensibilización e acción ambiental Ondas Limpas, terá lugar este sábado, día 12 de outubro.


Haberá dúas quendas distintas, unha de nivel 2 de 11:00 a 13:00 da mañá e outra de nivel 3 de 16:00 a 18:00 da tarde. A inscrición na actividade poderá ser realizada na ligazón https://forms.gle/kZ7Yh97JZnPtUX44A


Na charla ‘Entender o océano’, Tony Butt explicará diversas cuestións relacionadas cos ventos, as mareas, as ondas e as prediccións meteorolóxicas, de cara á súa aplicación no surf e outras disciplinas.


Ondas limpas é un proxecto promovido conxuntamente polo Concello de Burela e o Burela Surf Club, co financiamento do GALP A Mariña-Ortegal, a Xunta de Galicia e o FEMPA da Unión Europea.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...

Foz asina a cesión do edificio da residencia e centro de día co Consorcio Galego

O Concello de Foz acaba de asinar hoxe, venres, a transmisión de titularidade do...

Ribadeo iniciará en breve as obras na rúa Buenos Aires con apoio da Consellería do Mar e Portos de Galicia

O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, agradece a colaboración da Consellería do Mar e...