InicioCentralBurelaBurela acolle a construción dun puzzle xigante no CEIP Virxe de Carme

Burela acolle a construción dun puzzle xigante no CEIP Virxe de Carme

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela albergará no pavillón do CEIP Virxe do Carme o Reto Panush 2024, que consistirá na montaxe dun Puzzle Xigante de 30200 pezas e nun concurso de puzzles por equipos.


A montaxe do crebacabezas XXXL Jan Van Haasteren comezará ás 10:00 da mañá do sábado 19 de outubro. O concurso, por outra banda, terá lugar a partir das 11:00 do domingo 20.


As prazas son limitadas, polo que será necesario inscribirse nas actividades nas webs doctorpanush.com para o reto e aepuzz.es para o concurso. Para máis información poderase contactar co enderezo de correo electrónico hola@doctorpanush.com


“Para nós é un pracer acoller unha actividade diferente pero que nos consta que conta con moitos seguidores na nosa vila e en toda a comarca”, sinala o tentente de alcaldesa e concelleiro de Educación e Mocidade, Mario Pillado.


Trátase dunha acitvidade familiar e interxeracional que aúna cooperación e competición, e que pode facer que afeccionados e afeccionadas ós puzzles de outros lugares se acheguen á nosa vila“, engade o edil.


Pola súa banda, a concelleira e Cultura, lina Gómez, sinala que o reto é “unha oportunidade para xuntar á veciñanza que desfruta con esta actividade no seu fogar, pero nun formato máis grande”. “Deste xeito promoveremos a creatividade, a concentración e o desfrute co traballo en equipo e a cooperación interxeracional”, conclúe.

ÚLTIMAS

Rescatan unha muller despois de caer ao mar co coche que conducía en Burela

Unha muller foi rescatada este mércores tras caer ao mar o coche que conducía...

Viveiro modernizará o seu padrón municipal para facilitar os trámites administrativos á veciñanza

O concelleiro Jesús Fernández, en representación do Concello de Viveiro, asinou un convenio de...

A empresa pública estatal ACUAES permitirá financiar a depuradora de San Miguel en Barreiros

A Secretaría de Estado de Medio Ambiente, dirixida por Hugo Morán, comprometeu onte o...

Ribadeo realiza obras de seguridade e accesibilidade na praza Pancho Maseda

Ribadeo aposta por mellorar a accesibilidade e a seguridade de prazas e espazos públicos....