InicioCentralBurelaBurela acollerá este sábado o espectáculo 'Grandes éxitos' do contacontos Caxoto

Burela acollerá este sábado o espectáculo ‘Grandes éxitos’ do contacontos Caxoto

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela está a acoller, no marco do programa Ler Conta Moito, diferentes actividades para promover a lectura nestas semanas. A seguinte actividade virá da man do contacontos Caxoto co seu espectáculo ‘Grandes éxitos: 2004-2024″, ás 18:00 do sábado 5 de outubro na Casa da Cultura de Burela.


Caxoto celebra deste xeito os seus 20 anos encima dos escenarios, nos que a música tivo un papel fundamental acompañando os seus contos. A través da música tradicional, dos xogos musicados, das canción infantís de toda a vida e dos seus peculiares instrumentos o artista repasará o seu amplo repertorio musical.


Despois será a quenda de ‘Historia dunha gaivota’ de Trécola Producións, o sábado 12 de outubro tamén ás 18:00. Todas as actividades serán de balde e aptas para un público infantil e familiar, e terán lugar os sábados.

ÚLTIMAS

O Goberno central asegura que “moi pronto” haberá novas positivas para o futuro de Alcoa

A secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró, mostrouse "convencida" de que "moi pronto"...

O alcalde de Foz delega na concelleira do BNG, Zoraida Coira as competencias na residencia de maiores

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, asinou hoxe, xoves, o decreto para a delegación...

Finalizan as celebracións polo centenario da Confraría de Pescadores de Burela

A confraría de pescadores San Juan Bautista de Burela culminou a celebración do seu...

Os socialistas de Mondoñedo reclaman usar o vehículo de Protección Civil só para emerxencias

Os Socialistas de Mondoñedo emprazan ao PP de Mondoñedo a utilizar o vehículo de...