InicioCentralBurelaObradoiros literarios en Burela en outubro e novembro con Antía Yáñez

Obradoiros literarios en Burela en outubro e novembro con Antía Yáñez

“Un pracer para o Concello realizar iniciativas coma esta, especialmente cando contamos cunha veciña e escritora da talla de Antía Yáñez, referente na literatura galega contemporánea”, asegura a concelleira de Cultura, Lina Gómez

Publicada o

- Advertisement -

Concello de Burela organiza nos meses de outubro e novembro dous obradoiros de escritura creativa coa autora burelá Antía Yáñez. Os sábados 5, 19 e 26 de outubro será para adultos e os sábados 9, 16 e 23 de novembro para mozos e mozas de entre 14 e 20 anos. As sesións serán na biblioteca municipal e con prazas limitadas (12 por curso).


“Un pracer para o Concello realizar iniciativas coma esta, especialmente cando contamos cunha veciña e escritora da talla de Antía Yáñez, referente na literatura galega contemporánea”, asegura a concelleira de Cultura, Lina Gómez.


“Estas actividades non só fomentan a creación literaria, senón que tamén contribúen a enriquecer a vida cultural do pobo e estimular a creatividade da nosa comunidade”, engade Gómez, que agradece “a Antía a súa disposición para compartir a súa experiencia e coñecementos con todas e todos os participantes”.


En palabras da concelleira de Cultura, “con obradoiros como este, buscamos dar voz a novas historias e a novas formas de expresarse, facendo da cultura un punto de encontro e intercambio para todas as idades”.


Pola súa parte, o concelleiro de Mocidade, Mario Pillado, considera “fundamental que os rapaces e rapazas vexan en Antía Yáñez un referente cercano e unha mostra de que se pode desenvolver un proxecto vital partindo da nosa vila. Ademais estamos seguros de que unha profesional tan recoñecida coma Antía vai ser capaz de sacar o mellor da nosa mocidade”.
“Sentimos un enorme orgullo de ter o privilexio de presentar esta actividade tan enriquecedora e cunha veciña ilustre”, remata Pillado.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...