InicioCentralBurelaRepresentación de 'Boa sorte Mala fama' na Casa da Cultura de Burela

Representación de ‘Boa sorte Mala fama’ na Casa da Cultura de Burela

A obra conta con texto e dirección de Carmen Conde, que tamén actúa na mesma xunto a Nastasia Zürcher e Mariña Pena

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela acolle, na Casa da Cultura, unha representación da obra teatral ‘Boa Sorte Mala Fama”, da compañía Tarabela Creativa.


Terá lugar o día 20 de setembro, venres, ás 21:00, con entrada a 4€. Está dirixida a un público adulto, a partir dos 13 anos de idade.


A obra conta con texto e dirección de Carmen Conde, que tamén actúa na mesma xunto a Nastasia Zürcher e Mariña Pena.


Trátase dunha traxicomedia en tres actos, na que tres mulleres representan o rostro menos institucional e máis incómodo da emigración galega, a través da narración oral, a música ao vivo e a interpretación actoral.


“Coincidindo co centenario das escolas vellas de Burela, esta representación é unha oportunidade perfecta para reflexionar sobre o papel das escolas de migrantes na transmisión da cultura e da lingua galega ás novas xeracións, tanto dentro como fóra de Galicia”, sinala a concelleira de Cultura, Lina Gómez.


“A obra pode ser vista como unha homenaxe a estas persoas que, a pesar das dificultades e da distancia, mantiveron un forte vínculo coa súa terra de orixe”, engade a concelleira.

ÚLTIMAS

José María Leal: “O marqués de Sargadelos foi socio de corsarios”

-A súa palestra sobre 'pirataría ao corso' fala sobre dúas figuras que se confunden...

Tres acusados dun homicidio imprudente en Alcoa en 2017 aceptan un ano de prisión e un cuarto enfróntase a dous anos

Catro persoas sentáronse este mércores no banco dos acusados do xulgado do Penal 2...

O propietario de Sargadelos volve pedir o peche das instalacións

O dono de Sargadelos, Segismundo García, criticou aos sindicatos que este martes se reuniron...

Ribadeo licitará as obras de mellora en dous pavillóns deportivos

Ribadeo licitará nos vindeiros días as obras de mellora en dous pavillóns deportivos: o...