InicioCentralBurelaBurela fai un balance "moi positivo" da décima edición do Festival Osa...

Burela fai un balance “moi positivo” da décima edición do Festival Osa do Mar

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela realizou un balance “moi positivo” da décima edición do festival Osa do Mar, que se celebrou, unha vez máis, a pasada fin de semana no municipio.


A alcaldesa de Burela, Carmela López, destacou “o grande impacto cultural e económico que o Osa do Mar 2024 supuxo para a localidade”. “O festival celebrou os seus dez anos de historia consolidándose como un evento clave da Mariña lucense”, engadiu.


Para a alcaldesa, o festival “non só promoveu a música de todo tipo, alternando nomes consagrados como os de Iván Ferreiro e Tanxugueiras con outros máis alternativos e emerxentes, senón que tamén dinamizou o turismo e o comercio local, atraendo visitantes de toda Galicia”.


López quixo subliñar “o total compromiso do Concello co evento, que ao longo dos anos axudou a posicionar Burela no panorama musical galego”. “Esta décima edición foi todo un éxito, mantendo o espírito dos seus inicios e achegando novidades que fortaleceron a súa oferta cultural”, afirmou.


“O evento soubo combinar á perfección a música coas actividades culturais e relacionadas co mundo do mar, ademáis de incluir a sección infantil Cantiños, que aposta polos grupos de música dos máis pequenos”, explicou a rexedora.


“Para Burela é un orgullo contar con entidades sen ánimo de lucro como Fanto Fantini, que organiza un festival de categoría que xa é unha cita imprescindible no calendario estival galego”, apuntou López. “Ademais, o fai pensando non soamente na música, senón tamén na inclusión, na paridade, no galego, na cultura e no mar”, concluíu.


Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Lina Gómez, indicou que o Osa do Mar “é un festival feito con tanto cariño, que durante a recollida desta décima edición o domingo xa se podía sentir a ilusión de Fanto Fantini por organizar a do 2025”.


“Antes de rematar o festival xa nos adiantaron algúns dos e das artistas cos que poderemos desfrutar o ano que vén en Burela, como Ortiga, Repion, Mujeres e Pipiolas”, enumerou Gómez.

ÚLTIMAS

Rescatan unha muller despois de caer ao mar co coche que conducía en Burela

Unha muller foi rescatada este mércores tras caer ao mar o coche que conducía...

Viveiro modernizará o seu padrón municipal para facilitar os trámites administrativos á veciñanza

O concelleiro Jesús Fernández, en representación do Concello de Viveiro, asinou un convenio de...

A empresa pública estatal ACUAES permitirá financiar a depuradora de San Miguel en Barreiros

A Secretaría de Estado de Medio Ambiente, dirixida por Hugo Morán, comprometeu onte o...

Ribadeo realiza obras de seguridade e accesibilidade na praza Pancho Maseda

Ribadeo aposta por mellorar a accesibilidade e a seguridade de prazas e espazos públicos....