InicioCentralBurelaÉxito no I Torneo Social de Parchís por parellas de Burela

Éxito no I Torneo Social de Parchís por parellas de Burela

"Moitas grazas a todos e a todas polo apoio amosado a este I Torneo Social de Parchís por Parellas, unha iniciativa da que agardamos que teña continuidade por moitos anos máis", afirma a concelleira de Servizos Sociais, Sandra Fernández

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela celebrou con éxito a primeira edición do seu Torneo Social de Parchís por Parellas na praza do Concello.


Paula Abel e Jennifer Fernández foron as gañadoras do torneo, seguidas de Bea Caña e Eva Balseiro. As concelleiras Lina Gómez e Sandra Fernández fixéronlles entrega dun trofeo realizado polos membros da asociación Saúde Mental A Mariña.


“Dende o Concello queremos felicitar a todas as parellas participantes, un total de 28 persoas, polo seu desempeño no torneo de parchís”, sinala a concelleira de Cultura, Lina Gómez.


“Moitas grazas a todos e a todas polo apoio amosado a este I Torneo Social de Parchís por Parellas, unha iniciativa da que agardamos que teña continuidade por moitos anos máis”, afirma Sandra Fernández, concelleira de Servizos Sociais.

ÚLTIMAS

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...

Alcoa: reunión de seguimento do acordo de viabilidade para este venres na Coruña

A Secretaría de Estado de Industria convocou unha reunión de seguimento do acordo de...