InicioCentralBurelaBurela reúnese co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade para seguir coas...

Burela reúnese co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade para seguir coas melloras en escolas infantís

A alcaldesa Carmela López sinalou que "a boa relación do Concello de Burela co Consorcio Galego de Servizos Igualdade e Benestar e a xestión do Goberno local dan os seus froitos, e permiten que sigamos mellorando as escolas para a cativada do municipio"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela reuniuse unha vez máis co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para seguir planificando melloras nas dúas escolas infantís do municipio.


Anteriormente, a alcaldesa Carmela López e o concelleiro Ramiro Fernández Rey reuníranse co consorcio en Santiago Compostela ao rematar o curso para expoñerlles os problemas de ambas escolas.


“Acordamos conxuntamente realizar os investimentos necesarios nas mesmas para compensar a cuantía económica aportada anualmente polo Concello ao Consorcio, no réxime de cofinanciamento para escolas infantís”, explica Ramiro Fernández Rey, concelleiro de Obras.


Pola súa banda, Carmela López sinalou que “a boa relación do Concello de Burela co Consorcio Galego de Servizos Igualdade e Benestar e a xestión do Goberno local dan os seus froitos, e permiten que sigamos mellorando as escolas para a cativada do municipio”.

O Concello de Burela aporta cada ano 900€ por cada praza ocupada nos centros de educación infantil. No pasado ano 2023 foi aportado ao Consorcio un total de 120.600€ por parte da administración local.


Desta cantidade, 86.400€ foron aportados pola Escola Infantil de Burela, ubicada na zona de Vista Alegre, e 34.200€ pola Escola Infantil Os Castros. Ademais disto, o Concello faise cargo de gastos correntes e de mantemento que rondan os 20.000€ anuais.


Gracias a estas aportacións, un total de 67.000€ foron reinvestidos en melloras nos centros. 43.499,50€ destes serviron para mellorar o aillamento térmico na Escola Infantil de Vista Alegre. Os 23.000€ restantes foron investidos na Escola Infantil dos Castros: 18.000€ nunha bomba de calor e preto de 8.000€ no peche perimetral que se executará en breves.

ÚLTIMAS

A caída dunha póla causa feridas a un operario no Valadouro na mañá deste mércores

Un operario resultou ferido na mañá deste mércores na localidade lucense do Valadouro tras...

Familiares de usuarios piden reunirse co alcalde de Foz para solucionar a situación da residencia

A Plataforma de afectados pola subida abusiva de tarifas da Residencia e Centro de...

O Concello de Viveiro reclama á Xunta unha reunión para desbloquear proxectos importantes na vila

O Concello de Viveiro reclama á Xunta de Galicia que atenda as súas peticións...

Barreiros e ANPAS presentan a oferta de actividades deportivas e extraescolares

O Concello de Barreiros e as ANPAS dos CEIP dos colexios de San Cosme...