InicioCentralBurelaBurela aplica a execución forzosa en fincas que seguen sen limpar e...

Burela aplica a execución forzosa en fincas que seguen sen limpar e sanciona aos propietarios

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela informa de que continúa a aplicar a execución forzosa da limpeza daquelas fincas notificadas que permanecen en condicións insalubres e/ou causando problemas na vía pública.


No que vai do ano 2024 executáronse un total de 52 expedientes tramitados a través da Orde de Execución de limpeza de parcelas. No pasado ano 2023, foron máis de 100 os expedientes executados.


Xa se realizou a limpeza completa en máis da metade dos 52 casos deste ano, e a meirande parte dos restantes están próximos á resolución. Hai 6 fincas actualmente en execución subsidiaria, 5 delas xa executadas, e unha en curso.


Dende o Concello destacan que as persoas propietarias de parcelas teñen o deber legal de mantelas limpas e de que a vexetación non invada a vía pública, non sendo responsabilidade da administración local a súa limpeza.


En caso de que unha finca notificada pola infracción desta norma non fose limpada axeitadamente, o Concello procede á limpeza forzosa, que deberá ser pagada integramente polo dono ou dona, sumándose isto á multa correspondente.


O prazo para que se realice a execución forzosa é de 8 a 10 meses despois da notificación. O custe medio por parcela, a abonar polo propietario en caso desta execución, é de 0’5€ por metro cadrado.


O incumprimento dunha Orde de Execución por parte do titular da parcela constitúe unha infracción leve, que conleva unha sanción de entre 300€ e 6000€ en atención ás circunstancias agravantes.


O Goberno local de Burela roga ás persoas propietarias a súa colaboración para evitar o pago da sanción e da execución forzosa por parte do Concello, empregada como último recurso.

ÚLTIMAS

Rescatan unha muller despois de caer ao mar co coche que conducía en Burela

Unha muller foi rescatada este mércores tras caer ao mar o coche que conducía...

Viveiro modernizará o seu padrón municipal para facilitar os trámites administrativos á veciñanza

O concelleiro Jesús Fernández, en representación do Concello de Viveiro, asinou un convenio de...

A empresa pública estatal ACUAES permitirá financiar a depuradora de San Miguel en Barreiros

A Secretaría de Estado de Medio Ambiente, dirixida por Hugo Morán, comprometeu onte o...

Ribadeo realiza obras de seguridade e accesibilidade na praza Pancho Maseda

Ribadeo aposta por mellorar a accesibilidade e a seguridade de prazas e espazos públicos....