InicioCentralBurelaDespedida dos campamentos de verán en Burela

Despedida dos campamentos de verán en Burela

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela fixo balance dunha nova edición dos seus catro campamentos de verán, nos que participaron un total de 75 nenas e nenos en cada un deles.


Estes campamentos, que se desenvolveron no CEIP Virxe do Carme ao longo de xullo e agosto, estiveron organizados a través da Aula Gaia de Educación Medioambiental.


A concelleira responsable da aula Gaia, Lina Gómez, destacou que a cativada participante “fixo un montón de actividades que forón máis alá das típicas en campamentos deste tipo, incluíndo sesións de cinema, xogos, manualidades e moitísimo máis”.


Gómez sinala que “a nova edición dos campamentos foi, de novo, un éxito, polo que agradecemos enormemente a colaboración de todas as familias, da cativada e de todas as persoas implicadas”.


Entre as iniciativas máis destacadas realizadas no marco dos campamentos estiveron a visita da AECC, coa realización de xogos para concienciar sobre a importancia da protección solar, ou a ruta coa asociación de sendeirismo “Pasada das Cabras” xunto aos usuarios e usuarias da fundación Eu Son.


Ademais, tamén se realizaron diversas actividades con motivo da obtención, un ano máis da bandeira azul por parte do centro Gaia e mais da praia do Portelo.


A cativada tivo a oportunidade de coñecer máis de preto ás medusas, aprender máis sobre a reciclaxe ou detectar ovos de quenllas e raias nas praias de Burela.
Tamén se realizou un xogo de pesca no que se concienciou sobre os perigos da pesca excesiva.


Tamén destacaron a visita á panadería na que as nenas e nenos puideron preparar pan e pizza, as saídas á praia, a actividade na Marosa co club de tenis ou a visita á Confraría de Pescadores.

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...