InicioCentralBurelaBurela cualifica de "éxito rotundo" a Feira do Bonito e a Feira...

Burela cualifica de “éxito rotundo” a Feira do Bonito e a Feira Produart

A alcaldesa Carmela López destaca a colaboración entre os concellos de Burela e Lourenzá nas feiras, que “contribúe na atracción de visitantes á feira, o que se traduce nun maior impacto económico”

Publicada o

- Advertisement -


O Concello de Burela congratúlase de que a celebración da XXXVIII Feira do Bonito de Burela e a XXII Feira Produart, que tivo lugar a pasada fin de semana, foi “un éxito rotundo, consolidando a cita conxunta como un dos eventos máis importantes do municipio”.


A alcaldesa Carmela López realizou unha valoración moi positiva de ambas feiras, sinalando que “a participación masiva de veciñanza e visitantes foi un claro indicativo do aprecio e interese que xeran”.


“O delicioso bonito de Burela, preparado de múltiples formas, é sempre o punto forte da feira, ao que hai que sumar a variedade e calidade dos produtos de Produart, un atractivo que sumou moito na fin de semana”, indica a rexedora.


López destaca que as feiras tiveron “un impacto económico moi significativo, atraendo turismo e promovendo os negocios locais”. “Os comerciantes e hostaleiros informaron dun incremento notable nas súas vendas, o que demostra a importancia deste tipo de eventos para a economía de Burela”, subliñou.


“Ademais, as actividades culturais, deportivas e de ocio contribuíron a crear a mellor atmosfera festiva”, afirmou a alcaldesa, que engadiu que “grazas a todo isto, a Feira do Bonito 2024 foi un éxito total, amosando unha vez máis o valor da nosa tradición pesqueira e a capacidade de Burela para organizar eventos de alta calidade”.


Dende o Concello trasladaron o seu agradecemento polo traballo no evento aos voluntarios e voluntarias, ao persoal municipal, á SCR Ledicia, á Fundación Expomar e ó resto de entidades, asociacións, empresas e institucións “que axudan para que a fin de semana máis bonita do ano sexa cada vez mellor”. Tamén a veciños, veciñas e visitantes “por vivir a experiencia con nós”.


Carmela López quixo destacar así mesmo a colaboración entre os Concellos de Burela e Lourenzá na Feira do Bonito, “un exemplo de como a sinerxia creada permite ofrecer unha experiencia rica e diversa, promovendo a calidade dos produtos locais e fortalecendo a identidade e a economía comarcal”.


Nunha valoración compartida coa súa homóloga laurentina, Rocío López, considera que a cooperación entre ambos concellos “contribúe na atracción de visitantes á feira, o que se traduce nun maior impacto económico para os negocios locais”. Esta colaboración repetirase na Festa da Faba de Lourenzá, na que o bonito de Burela tamén terá o seu espazo.

ÚLTIMAS

A caída dunha póla causa feridas a un operario no Valadouro na mañá deste mércores

Un operario resultou ferido na mañá deste mércores na localidade lucense do Valadouro tras...

Familiares de usuarios piden reunirse co alcalde de Foz para solucionar a situación da residencia

A Plataforma de afectados pola subida abusiva de tarifas da Residencia e Centro de...

O Concello de Viveiro reclama á Xunta unha reunión para desbloquear proxectos importantes na vila

O Concello de Viveiro reclama á Xunta de Galicia que atenda as súas peticións...

Barreiros e ANPAS presentan a oferta de actividades deportivas e extraescolares

O Concello de Barreiros e as ANPAS dos CEIP dos colexios de San Cosme...