InicioCentralBurelaA pista de tenis municipal de Burela chamarase Pista José Luis Yebra

A pista de tenis municipal de Burela chamarase Pista José Luis Yebra

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela felicita ás persoas gañadoras do X Torneo de Tenis Memorial José Luis Yebra polo seu desempeño na competición. O evento organizado polo Club de Tenis A Marosa contou cun total de 40 participantes.


Con motivo do décimo aniversario do torneo desvelouse que a pista de tenis da Marosa pasa agora a chamarse Pista José Luis Yebra, en memoria do que foi un dos grandes impulsores deste deporte en Burela, ademais de socio do club.


Na categoría absoluta resultou campión Fernando Kanacri e subcampión Rubén Blanco, sendo Javier Fernández o campión de consolación.


En dobres absoluto gañaron Rafael Marful e Javier Fernández, seguidos de José María Pérez e Jose Ramón Veiga. A categoría sub-17 foi gañada por Daniel Fernández, seguido de Laura Kanacri, e a sub-13, por Leo Rodríguez e David Valle respectivamente.

ÚLTIMAS

Cervo reforza a coordinación para garantir a seguridade en citas do verán

  O Concello de Cervo acolleu este luns a reunión da Xunta Local de Seguridade,...

O Bal y Gay ofrece este 2026 a súa edición máis ambiciosa consolidando A Mariña como referente da música clásica

A rolda de prensa para a presentación da nova edición do Festival Bal y...

Morre un home nun accidente de tráfico en Trababa por unha saída de vía

Un home de 64 anos faleceu nun accidente de tráfico no municipio lucense de...