InicioCentralBurelaBurela presenta o seu torneo de Fútbol Praia Urbana que se disputará...

Burela presenta o seu torneo de Fútbol Praia Urbana que se disputará os días 10 e 11 de xullo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela presenta o seu Torneo de Fútbol Praia Urbana, organizado xunto á Sociedade Deportiva Burela, que terá lugar os días 10 e 11 de xullo.


As inscricións presenciais no evento serán o propio día 10 de xullo, mércores, a partir das 19:00, e a competición comezará ás 19:30. Haberá categorías Sub 10, Sub 12, Sub 14 e Sub 16.


“Estamos encantados de recuperar un evento como o torneo de fútbol praia, que todos os membros da directiva da SD Burela desfrutamos cando eramos pequenos e que agora poderán volver a disfrutar os nenos e nenas de Burela”, sinala o presidente e xogador do club Jairo Campo.


Esta competición fai parte da programación deportiva de verán do Concello de Burela, que inclúe tamén torneos de fútbol 3×3, básket 3×3, o programa Verán Burela ou a Carreira Burelabonita.


A alcaldesa Carmela López destaca que “dende todas as áreas municipais se está a traballar nunha programación de verán para todos os gustos, que encha Burela de actividades de todo tipo”.


Por outra banda, o concelleiro de deportes, Carlos Méndez Pena, sinalou que “a recuperación deste tradicional evento servirá para seguir promocionando o deporte e un estilo de vida saudable entre a mocidade e toda a veciñanza”.

ÚLTIMAS

Aprobada por unanimidade a nova ordenanza reguladora do servizo de taxis de Ribadeo

O Concello de Ribadeo aprobou por unanimidade no pleno ordinario celebrado onte a aprobación...

O Foro Económico de Viveiro trasládase a xaneiro de 2027 pola convocatoria das eleccións xerais

A celebración do Foro Económico de Viveiro, que estaba programada inicialmente para finais deste...

As ANPA trasladan as necesidades dos centros educativos ao Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro mantivo este luns unha reunión con representantes das asociacións de...

Apoio á folga do 11N desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou o seu apoio á...