InicioCentralBurelaA asociación O Vencello de Burela solicita ao Concello que xestione o...

A asociación O Vencello de Burela solicita ao Concello que xestione o arranxo da LU-P-1502

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación O Vencello presentou este pasado martes no rexistro municipal de Burela un documento solicitándolle ao Goberno local que faga as xestións necesarias diante da Deputación Provincial para que este organismo provincial acometa de xeito urxente os arranxhos necesarios na estada LU-P-1502.

Esta estrada que comunica o núcleo urbano co cemiterio municipal, a área recreativa do Monte Castelo e o núcleo cervense de San Román, segundo a asociación “está a esmorecer sen que a Deputación (titular da vía) nin o Concello fagan nada por remediar o seu estado de semiabandono”.

Nos últimos días as carencias desta estrada víronse notablemente agravadas debido á corta de madeira feita nos montes que a rodean e ás choivas, “chegando a ser realmente arriscado circular por ela, debido ao estado das súas cunetas (cheas de maleza) e sobre todo á carencia de gardarraís nas súas zonas de desnivel, co conseguinte risco de que isto pode supoñer no caso de producirse un accidente”.

“Dende O Vencello levamos denunciando estas deficiencias diante da Deputación e Concello dende hai máis de catro anos (achegamos tamén copia do escrito enviado á Deputación en abril do 2020) sen que ninguén se molestara en tomar cartas no asunto, a excepción dalgunha limpeza das cunetas meramente testimoniais en tramos illados do percorrido”.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...