InicioCentralBurelaBurela acolle o encontro anual de orquestras das escolas de música da...

Burela acolle o encontro anual de orquestras das escolas de música da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela será anfitrión do tradicional encontro anual de orquestras organizado polas Escolas de Música da Mariña, que se celebrará o mércores 26 de xuño ás 19:00 horas na Casa da Cultura.

“Esta iniciativa, que reúne a preto de 70 rapaces e rapazas, pretende por en contacto aos escolares de música da comarca, permitir que se coñezan, que intercambien experiencias e aprendizaxes e que socialicen a través da linguaxe universal da música”, asegura o tenente de alcaldesa de Burela, Mario Pillado.

Está previsto que os alumnos cheguen pola mañá ao Auditorio da Casa de Cultura e fagan un ensaio xeral das obras que hai meses levan traballando cada un no seu centro.
Ao remate do ensaio os participantes celebrarán unha comida de fraternidade. Xa pola tarde, antes do concerto, realizarán unha visita guiada ao Barco Museo e como remate da xornada ofrecerán o concerto, no Auditorio da Casa de Cultura ás 19:00 horas.

Nesta edición participan alumnos das Escola Municipais de Música de Xove, Burela, Foz, Ribadeo e Mondoñedo, e o Centro de Música Glissando de Lugo.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...