InicioCentralBurelaConcerto de Uxía Lambona e a Banda Molona en Burela este sábado

Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona en Burela este sábado

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela acollerá este sábado 15 de xuño, na Casa da Cultura, unha actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona, dirixida a un público familiar.


O concerto desta banda de música infantil en galego será gratuíto, e servirá para celebrar a fin do curso e pechar a tempada de actuacións organizadas polo Concello no primeiro semestre do ano.


“Este evento será o último deste semestre contratado a través do convenio coa Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC”, explica a concelleira de Cultura, Lina Gómez.

“Dende o Concello xa estamos a preparar a programación do seguinte semestre, que de seguro estará chea de espectáculos tan destacados como o deste sábado”, engade Gómez.
O concerto terá lugar ás 18:00 do día 15 de xuño no auditorio da Casa da Cultura de Burela. Nel, Uxía Lambona e a Banda Molona fará “cantar e bailar coma toliños e toliñas a todos os nenos e nenas, achegándolles a música tradicional galega dun xeito atractivo”.


A agrupación naceu no ano 2014, e está formada por Pali ao baixo, Ñoc á batería, Abraham á gaita e á frauta, Serghaño á guitarra, Roscón ao acordeón e Uxía á voz.


A día de hoxe contan con catro traballos discográficos publicados: ‘Uxía Lambona e a Banda Lambona’ en 2015, ‘A bailar como tol@s’ en 2017, ‘Astronouta Sideral’ en 2019 e ‘EEIII CARBALLEIRA!!’ en 2023.

ÚLTIMAS

Rafael Blas: “Esta é unha homenaxe ao porco, ás persoas que criaron porcos e tamén ao matachín”

-Por que se decidiu celebrar este Día de Exaltación á Carne de Porco? Esta é...

Excarceradas dúas persoas tras un choque entre unha furgoneta e un coche na N-642 en Cervo

Dúas persoas tiveron que ser excarceradas tras unha colisión entre unha furgoneta e un...

Barreiros ultima os traballos de mellora do Santo Estevo do Ermo

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e o concelleiro de medio ambiente, Dámaso Ratoeira,...

Viveiro informará das zonas habilitadas para acampar durante o Resurrection Fest

O Concello de Viveiro informa que, con motivo da celebración do Resurrection Fest, que...