InicioCentralBurelaLevantan 13 actas de infracción nun dispositivo de prevención de alcol por...

Levantan 13 actas de infracción nun dispositivo de prevención de alcol por menores nas festas de Burela

A Policía Autonómica identificou a 110 persoas

Publicada o

- Advertisement -

A Policía Autonómica identificou a 110 persoas e levantaron 13 actas de infracción nun dispositivo de prevención de consumo de alcol por menores de idade o 3 de xuño, nas festas da Virxe da Carmen e San Juan Bautista de Burela.

Segundo informou a Xunta, a maior parte das actas, nove, foron por consumo de alcol por parte de menores. A elas súmanse tres relacionadas con infraccións da lei de protección de seguridade cidadá, por ter sustancias estupefacientes na vía pública, e outra por infraccións á normativa de venda de alcol e das leis sobre drogas e de prevención de consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.

O dispositivo enmárcase nas actuacións para velar polo cumprimento da Lei 11/2010, de 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, co obxectivo de previr a venda e subministración tanto en locais de lecer como bares, pubs e discotecas como en supermercados e tendas 24 horas que sexan establecementos expendedores de alcol e tabaco.

Tamén se efectúan intervencións preventivas nas concentracións da mocidade nas vías públicas, para controlar e evitar o consumo ilícito. A actividade dos axentes céntrase sobre todo en tarefas de inspección a locais e control de vixilancia das zonas de lecer frecuentadas por menores de idade.

ÚLTIMAS

Rafael Blas: “Esta é unha homenaxe ao porco, ás persoas que criaron porcos e tamén ao matachín”

-Por que se decidiu celebrar este Día de Exaltación á Carne de Porco? Esta é...

Excarceradas dúas persoas tras un choque entre unha furgoneta e un coche na N-642 en Cervo

Dúas persoas tiveron que ser excarceradas tras unha colisión entre unha furgoneta e un...

Barreiros ultima os traballos de mellora do Santo Estevo do Ermo

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e o concelleiro de medio ambiente, Dámaso Ratoeira,...

Viveiro informará das zonas habilitadas para acampar durante o Resurrection Fest

O Concello de Viveiro informa que, con motivo da celebración do Resurrection Fest, que...