InicioCentralBurelaBurela instala un punto morado por primeira vez nas Festas Patronais

Burela instala un punto morado por primeira vez nas Festas Patronais

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela instala, por primeira vez na historia das súas festas patronais, un punto morado para atender ás persoas asistentes en materia de violencia machista, delitos de odio e situacións de vulnerabilidade.


O punto de seguridade Caravana Morada está presente na rúa Eijo Garay dende o pasado sábado 1 de xuño, en horario de 23:00 a 7:00. Hoxe, día 3 de xuño, será a súa última xornada de funcionamento, antes do remate das Festas de Burela deste ano, que terá lugar mañá coa a ofrenda floral en homenaxe ás persoas que faleceron no mar.


A concelleira de Igualdade, Sandra Fernández, destaca “a gran importancia deste servizo, que foi considerado como exemplo de boas prácticas pola FEMP para previr a violencia de xénero a nivel local”.


“É esencial seguir loitando pola igualdade das mulleres tamén no contexto das festas, porque, por exemplo, segundo datos do Ministerio do Interior, de cada seis violacións só se denuncia unha”, sinala a concelleira.


O equipo da Caravana Morada está composto por unha educadora social e mais por unha psicóloga xurídica e sexóloga especializada en xénero e criminoloxía. As profesionais están formadas tamén en primeiros auxilios para atención de baixa intensidade.


Entre as funcións da caravana atopamos as de proporcionar atención psicolóxica e eventualmente acompañar no traslado a un centro médico a vítimas de violencia machista ou delitos de odio, asegurando sempre o anonimato das persoas.


Tamén serve como punto de seguridade para menores de idade, para proporcionar atención social en caso de situacións de vulnerabilidade ou como punto de carga móbil gratuíta para evitar situación de vulnerabilidade de rapazas e rapaces, entre outras funcións.


As profesionais proporcionan tamén información sobre os recursos dispoñibles a nivel local, comarcal, autonómico e nacional segundo as consultas que se lles trasladen. Atópanse en coordinación constante co dispositivo de seguridade das festas.


Unha vez rematadas as festas patronais, dende a Caravana Morada faranse uns informes de intervención e material difundido desagregados por xénero e idades para evaluar o seu impacto na celebración.

ÚLTIMAS

Ana Ermida: “Buscamos o equilibrio entre as visitas a Santo Estevo e o coidado á súa contorna”

-En que consisten os traballos arredor de Santo Estevo do Ermo e cales son...

Presentado o IX Ribadeo Indiano coa prolongación das vésperas e prevésperas

O Concello acolleu a presentación do programa do IX Ribadeo Indiano.As vésperas e antevésperas...

Viveiro reunirase coa Xunta para solicitar vivendas sociais

O Concello de Viveiro mantivo en Santiago unha reunión solicitada pola alcaldesa, María Loureiro,...

A Asociación Camiñantes e Camiños finaliza a súa peregrinación a Santiago o 22 de xuño

A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, rematará o vindeiro sábado, 22 de xuño,...