InicioCentralBurelaBernardo Penabade:"buscamos poñer na axenda a educación das migracións"

Bernardo Penabade:”buscamos poñer na axenda a educación das migracións”

O IES Perdouro acollerá este mes de xuño o II Día da Literatura Cabo-Verdiana en Burela. Unha iniciativa, como di o profesor Bernardo Penabade, que busca unir lazos entre a localidade mariñá e a República de Cabo Verde mediante a lectura de autores dese país desde o centro de ensino burelés. Logo de superadas inercias e outros obstáculos, esta segunda edición promete ser un éxito, entre outras cousas, por ter presente ao mesmo autor, Joaquim Arena, lendo un capítulo do seu libro 'Siríaco e Mister Charles'

Publicada o

- Advertisement -

-A que autor se dedica esta II Lectura de Literatura Caboverdiana en Burela?

Este ano apostamos por un autor vivo para fortalecer os lazos entre Galicia e Cabo Verde. O autor é Joaquim Arena, quen xa estivo en Burela acompañando o presidente da República de Cabo Verde, por tanto, coñece a vila e nós coñecémolo a el e a súa obra. É por iso que pensamos nel para dedicarlle esta segunda xornada.

-Cales son as diferenzas salientables entre a obra do primeiro autor e a obra de Joaquim Arena?

Son obras moi diferentes. O primeiro autor, Baltasar Lopes, escribiu a súa obra Chiquinho, é dos fundadores da literatura caboverdiana. A súa obra cumpría 75 anos en 2023. O libro de Joaquim Arena, Siríaco e Mister Charles, editouse en maio de 2022 e conseguiu o Premio Internacional dos Océanos. Esta obra é máis universalista pois está ambientada no Brasil, na Terra do Fogo, Portugal e Cabo Verde. Tamén está ambientada no Reino Unido pola figura de Charles Darwin e a expedición do barco Beagle.

-Como se realizará a lectura deste libro?

É unha iniciativa pautada á que fixemos o ano pasado, cousa que será doada por térmola gravada en vídeo. Haberá un acto de inauguración cos axentes sociais que pretendemos poñer en común: o centro, nesta edición participará o autor por vídeo conferencia e autoridades da administración. Despois desta primeira sesión de posta en común entre a escola e o entorno da comunidade educativa, comezarán as lecturas coa participación de profesorado, alumnado e representantes de familias e os representantes do tecido asociativo de Burela. Finalmente, a sesión de clausura será un espazo para valorar como foi o decorrer da xornada.

-Que proveitos pode tirar o alumnado deste tipo de iniciativas coa lectura de autores e autoras de Cabo Verde?

Unha xornada coma esta é unha tentativa de marcar na axenda a existencia dunha literatura caboverdiana. Tamén busca situar na axenda a educación das migracións, non só de Cabo Verde senón tamén de calquera outro país. Esta é unha iniciativa que deberiamos ter tomado hai anos atrás, mais nós conseguimos realizala por primeira vez o ano pasado. Son iniciativas necesarias que alguén ten que tomar por primeira vez mais teñen dificultade para porse en práctica porque nunca se fixeran e porque as persoas non mostran un grandísimo interese para facer, por iso hai que vender inercias e obstáculos para facer algo novo. Entón, cal é o primeiro rendemento educativo? Primeiro a constatación de colocar a migración na actividade académica ordinaria. Alumnos e profesores, participen ou non, acaban sabendo que se fan as actividades.

-Como se puido conseguir a implicación do centro de ensino e de autoridades?

O ano pasado a resposta interior foi excelente, rápida e doada de conseguir. Tivemos un grande apoio do Concello, que estivo presente na inauguración e na clausura enviando varios representantes ler. Participou o alcalde, a concelleira de Servizos Sociais, funcionarias do Concello da mesma área de Servizos Sociais. Tivemos a resposta do Parlamento de Cabo Verde coa participación presencial dun deputado, e tivemos a participación da Embaixada en Madrid online. A iniciativa foi ben acollida por todos os medios de comunicación galegos, en Portugal e Cabo Verde. A I Xornada da Literatura, en canto organización e recoñecemento institucional non podería ter saído mellor. E este ano seguimos con esa divulgación e podemos confirmar a participación do autor a través da web. E outro éxito asegurado desta edición, é que a partir desa edición, o escritor ten xa a entrada nas Wikipedias internacionais, precisamente introducido polo profesor galego Anxo González, o pedagogo de ogalego.eu, quen reparou que o escritor non estaba nas wikipedias e que fixo a entrada para Galicia e a entrada internacional. Por tanto, é un éxito a priori para o encontro do día 11.

ÚLTIMAS

Rafael Blas: “Esta é unha homenaxe ao porco, ás persoas que criaron porcos e tamén ao matachín”

-Por que se decidiu celebrar este Día de Exaltación á Carne de Porco? Esta é...

Excarceradas dúas persoas tras un choque entre unha furgoneta e un coche na N-642 en Cervo

Dúas persoas tiveron que ser excarceradas tras unha colisión entre unha furgoneta e un...

Barreiros ultima os traballos de mellora do Santo Estevo do Ermo

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e o concelleiro de medio ambiente, Dámaso Ratoeira,...

Viveiro informará das zonas habilitadas para acampar durante o Resurrection Fest

O Concello de Viveiro informa que, con motivo da celebración do Resurrection Fest, que...