InicioCentralBurelaBurela organiza obradoiros de prevención contra o consumo de drogas

Burela organiza obradoiros de prevención contra o consumo de drogas

O concelleiro responsable das areas de Xuventude, Educación e Drogodependencias, Mario Pillado, destaca “a importancia da prevención na adolescencia para reducir ao máximo posible problemas como o alcolismo, o tabaquismo ou a adicción a calquera tipo de droga na nosa sociedade”

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela realizou, ao longo do curso 2023/2024, diversas actividades encamiñadas á prevención do consumo de drogas nos centros de secundaria do municipio.


Os obradoiros foron realizados co alumnado da ESO do IES O Perdouro e co alumnado de primeiro a terceiro da ESO do IES Monte Castelo, e estiveron a cargo da traballadora social da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) de Burela.


En función da idade da rapazada asistente, nos talleres traballáronse dinamicas de prevención fundamentalmente do consumo de tabaco, alcohol, bebidas enerxeticas e cannabis.


Ademais, as actividades incluíron tamén unha colaboración co Proxecto Neo do IES Perdouro, o programa de radio do centro, para a realización dun monográfico sobre o tabaquismo.


O concelleiro responsable das areas de Xuventude, Educación e Drogodependencias, Mario Pillado, destaca “a importancia da prevención na adolescencia para reducir ao máximo posible problemas como o alcolismo, o tabaquismo ou a adicción a calquera tipo de droga na nosa sociedade”.

ÚLTIMAS

Ana Ermida: “Buscamos o equilibrio entre as visitas a Santo Estevo e o coidado á súa contorna”

-En que consisten os traballos arredor de Santo Estevo do Ermo e cales son...

Presentado o IX Ribadeo Indiano coa prolongación das vésperas e prevésperas

O Concello acolleu a presentación do programa do IX Ribadeo Indiano.As vésperas e antevésperas...

Viveiro reunirase coa Xunta para solicitar vivendas sociais

O Concello de Viveiro mantivo en Santiago unha reunión solicitada pola alcaldesa, María Loureiro,...

A Asociación Camiñantes e Camiños finaliza a súa peregrinación a Santiago o 22 de xuño

A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, rematará o vindeiro sábado, 22 de xuño,...