InicioCentralBurelaAs XXXI Xornadas Técnicas de Expomar contarán con profesionais da pesca e...

As XXXI Xornadas Técnicas de Expomar contarán con profesionais da pesca e da nutrición

Publicada o

- Advertisement -

O porto de Burela acolle esta semana unha nova edición das Xornadas Técnicas e Encontro Empresarial de Expomar, onde se debatirá sobre o futuro do sector pesqueiro, abordando os novos retos e dificultades actuais da pesca. Recoñecidos profesionais tanto da pesca como da nutrición a nivel nacional participan o mércores e o xoves nas Xornadas, nas que se tratará a “Xestión pesqueira” e a “Sustentabilidade e saúde” relacionados co mar.

O foro será como sempre aberto ao público no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela a partir das 16:30h tanto do mércores 8 como do xoves 9 de maio. Como xa é habitual nas últimas edicións, as xornadas tamén se poderán seguir en liña desde a web www.expomar.com.

O conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares; a secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Isabel Artime; e a presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, inauguran este mércores ás 16:30h as Xornadas Técnicas Expomar 2024. A primera xornada terá lugar o mércores 8 baixo o título “Xestión pesqueira”, estará especialmente dirixida aos profesionais do sector e abrirase coa ponencia da secretaria xeral de pesca do MAPA, Isabel Artime: “Principais retos de futuro para o sector pesqueiro español”.

Posteriormente celebrarase a habitual mesa de debate para tratar a xestión pesqueira desde diferentes ámbitos. Mario Santos, xefe de unidade da Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA): “Novas competencias no marco do novo Regulamento de Control”. Julio Valeiras, coordinador do equipo investigador PESCASOST do Instituto Español de Oceanografía (IEO): “Proxecto ISPAMER: o Coñecemento ao servizo da pesca”. Daniel Voces, director xerente de Europeche: “Prioridades do sector pesqueiro para o próximo mandato da UE”. A segunda xornada celebrarase na tarde do xoves 9 de maio baixo o título “Sustentabilidade e saúde”. Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Confrarías e patrón maior da Confraría de Pescadores de Burela: “Presentación Informe CES sobre Pesca. Retos para a súa sustentabilidade”. Rosaura Leis, catedrática de pediatría da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Fundación Dieta Atlántica: “O peixe, alimento fundamental na Dieta Atlántica”. Juan Revenga, dietista-nutricionista, divulgador científico e coñecido polo seu blog ‘conlasmanosenlamesa’: “Luces e sombras (nutricionais) sobre os produtos da pesca”. Antonio Nieto, xerente de Pesca España: “Pesca España: a comunicación ante os mitos e desafíos do sector”.

As dúas xornadas estarán este ano moderadas por senllos xornalistas que cobren a información do sector pesqueiro, como Xusto López Carril, da Radio Galega, e Anxo Rodríguez, director do programa ‘Vivir o Mar’ de Televisión de Galicia.

CLAUSURA E VISITA AO BUQUE ‘INTERMARES’

A clausura das Xornadas Técnicas 2024 será ao redor das 7 da tarde do xoves pola presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, acompañada por Fran Cajoto en representacion da Deputación de Lugo. Unha vez finalizado o acto de clausura, ponentes e autoridades realizarán unha visita oficial ao Buque Escola de Cooperación Pesqueira “Intermares”, que está atracado no porto de Burela con motivo do Centenario da Confraría de Pescadores San Juan Bautista.

ENCONTRO EMPRESARIAL

Pola súa banda, o xoves 9 de maio pola mañá celebrarase a 25ª edición do Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras, que reúne cada ano ás entidades máis representativas do sector pesqueiro a nivel nacional. A reunión dos representantes da frota terá lugar nas instalacións de Armadores de Burela e ao finalizar o evento, como cada ano, faranse públicas as conclusións tomadas durante a reunión.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...