InicioCentralBurelaBurela acolle un concerto de arpas célticas co cuarteto Lulavai

Burela acolle un concerto de arpas célticas co cuarteto Lulavai

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela acollerá un concerto do grupo Lulavai o 11 de maio na Casa da Cultura ás 20:00. O concerto está enmarcado na conmemoración do Día das Letras Galegas no municipio.


A agrupación, formada por catro mulleres, amosará neste concerto a súa combinación de voces e arpas célticas. O despacho de entradas abrirá ás 20:00 do propio día 11, e o prezo das mesmas será de 4 euros.


Ademais de temas dos seus anteriores traballos discográficos, Lulavai presentará novas cancións sobre as que están a traballar de cara ao lanzamento do seu próximo disco. Durante algo máis dunha hora de música, o público desfrutará tanto de temas baseados no repertorio tradicional galego como de composicións propias.


Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz coñecéronse en 2005, ó tempo que formaban parte da orquestra folc Sondeseu, baixo a dirección do exmembro de Milladoiro e mestre de arpa Rodrigo Romaní.


As súas inquedanzas lévaronas a emprender en 2008 este proxecto musical. A súa andaina polos escenarios comezou ese mesmo ano, cando foron seleccionadas como finalistas no festival Cancioneiros, organizado pola Fundación Pedro Barrie de la Maza.


A partir de aí comenzan traballar no que sería o seu primeiro CD, ‘CorDasVerbas’, editado por Sul Producciones no 2010. Con el percorrerán multitude de escenarios, desde Galicia ata o Pais Vasco, Portugal ou Francia, participando en importantes festivais nacionais e internacionais como o Festival de Lorient 2009, o Oito Maos e o Folkez Blaiz no 2011, o FolkSegovia 2013 ou o Arcu Atlánticu 2015.


‘Lémbrame un soño’ foi o seu segundo traballo, publicado en decembro de 2014 despois de lanzar o ano anterior o disco ‘Solo muerdo por ti’ en colaboración con Nena Daconte. Nel predominan as composicións propias.


No concerto deste sábado. as compoñentes de Lulavai intecalan as súas interpretacións en arpa celta, co uso de instrumentos de percusión, ao que hai que sumar a súa elaborada vestimenta e posta en escena.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...