InicioCentralBurelaA alcaldesa de Burela mostra o seu "apoio total ao festival Osa...

A alcaldesa de Burela mostra o seu “apoio total ao festival Osa do Mar”

O evento sen ánimo de lucro, organizado cada ano pola Asociación Cultural Fanto Fantini, terá lugar os días 6, 7 o 8 de setembro en Burela

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Burela, Carmela López, amosa o seu “apoio total ao festival Osa do Mar, que leva 10 anos traendo a mellor música a Burela cada verán”.


“Trátase dunha cita ineludible do verán burelao, na que artistas locais, da Mariña, de Galicia e de España se xuntan para facer bailar a miles de veciños, veciñas e visitantes na nosa vila”, sinala López.


O festival de música vén de presentar o cartel definitivo da súa décima edición, que contará con artistas como Iván Ferreiro, Tanxugueiras, The Rapants, Grande Amore, Yawners, Travis Birds ou Las Petunias.


O evento sen ánimo de lucro, organizado cada ano pola Asociación Cultural Fanto Fantini, terá lugar os días 6, 7 o 8 de setembro en Burela.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...