InicioCentralBurelaExpomar acolle as xornadas técnicas e o encontro empresarial os días 8...

Expomar acolle as xornadas técnicas e o encontro empresarial os días 8 e 9 de maio

O foro será como sempre aberto ao público no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela a partir das 16:30h tanto do mércores 8 como do xoves 9 de maio

Publicada o

- Advertisement -

As XXXI Xornadas Técnicas e o XXV Encontro Empresarial de Expomar celebraranse entre o mércores 8 e o xoves 9 de maio no porto de Burela. A Fundación Expomar presenta unha nova edición das súas Xornadas Técnicas e Encontro Empresarial, que se celebrarán o 8 e 9 de maio no porto de Burela para abordar os novos retos e dificultades que afronta o sector pesqueiro.

O foro será como sempre aberto ao público no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela a partir das 16:30h tanto do mércores 8 como do xoves 9 de maio. Como xa é habitual nas últimas edicións, as xornadas tamén se poderán seguir en liña desde a web www.expomar.com. As Xornadas Técnicas 2024 contarán coa participación do conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, que inaugurará o evento acompañado pola presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López; e pola secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Isabel Artime.

A primera xornada terá lugar o mércores 8 baixo o título “Xestión pesqueira”, estará especialmente dirixida aos profesionais do sector e abrirase coa ponencia “Principais retos de futuro para o sector pesqueiro español”, a cargo de Isabel Artime, secretaria xeral de pesca do MAPA.

A continuación celebrarase a habitual mesa de debate para tratar a xestión pesqueira desde diferentes ámbitos, coa participación de Mario Santos, xefe de unidade da Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA); Xulio Valeiras, coordinador do equipo investigador PESCASOST do Instituto Español de Oceanografía (IEO); e Daniel Voces, director xerente de Europeche.

A segunda xornada celebrarase na tarde do xoves 9 de maio baixo o título “Sostibilidade e saúde” para tratar temas de interese xeral para todos os públicos e contará coas intervencións de Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Confrarías e patrón maior da Confraría de Pescadores de Burela; Rosaura Leis, catedrática de pediatría da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Fundación Dieta Atlántica; Juan Revenga, dietista-nutricionista, divulgador científico e coñecido polo seu blog ‘conlasmanosenlamesa’; e Antonio Nieto, xerente de Pesca España.

As dúas xornadas estarán este ano moderadas por senllos xornalistas que cobren a información do sector pesqueiro, como Xusto López Carril, da Radio Galega, e Anxo Rodríguez, director do programa ‘Vivir o Mar’ de Televisión de Galicia. A clausura das Xornadas Técnicas 2024 será ao redor das 7 da tarde do xoves e correrá a cargo da presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López.

ENCONTRO EMPRESARIAL

Pola súa banda, o xoves 9 de maio pola mañá celebrarase a 25ª edición do Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras, que reúne cada ano ás entidades máis representativas do sector pesqueiro a nivel nacional. A reunión dos representantes da frota terá lugar nas instalacións de Armadores de Burela e ao finalizar o evento, como cada ano, faranse públicas as conclusiónsmtomadas durante a reunión.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...